Poemas

Lembrando o paso final

Muerte y vida de Klimt,

Muerte y vida de Klimt.


Lémbrome da acacia co vaivén,
O paso do tempo.
A capela Santa Rosa
De felices momentos.
Vieiros tristes e rotos,
Onde mirei cos meus ollos,
¡Tantos desfeitos!.
Aldea onde aprendín
A dar meus primeiros pasos,
A estampar a miña primeira letra,
A derramar o meu primeiro pranto.
Aquí no eido de Cambra,
Alimentaron as miñas ideas,
O pan e a mel. . .
Aquí souben do verdugo.
Aquí coñecín as xentes
Incorporando ilusións;
Aquí aprendín a amar,
Nestas terras de Fornelos.
Daqueles tempos gardo:
O frío é medo incerto,
Canso de tanto corrupto,
Xa naqueles tempos.
Canso de políticos de ocasión
Dos oligarcas renacidos;
Sei que hai mellores ríos
É árbores
Que arranquen, meu corazón
Malferido,
Desta terra de misterio
E de amor mal comprendido.

Xa me chegou a hora,
A hora xa de partir,
E cos fiaños de poeta,
Fago da verba a patria,
É tamén fago a protesta.
O rumbo é os vieiros
Da miña ambición
É torpeza,
Porque xa me chegou a hora
De cruzar o último camiño,
Deixando atrás
¡Oh sorpresa!:
Os vicios sociais,
As angustias é entullos
Escapando do mesianismo,
Dos corvos enredados,
Co cheiro do xofre,
Almas escondidas
Nos billeteiros de coiro.

É hora xa
De inxectar o Sol,
As veas da dor;
Das doenzas da familia,
Pero este é o meu final,
Como acabou o bo Aquiles.
Pido perdón a todos:
Son un irmá intemperie,
Observa non ver cambios
Na xeración presente.

O meu país é unha ramera,
De ollos vendados na entrega
Do poder a avaricia
Pisoteando a miseria,
Creando día a día,
Fábrica de violentos,
Vagos, ignorantes
E pobres intelectos.

É hora xa de partir,
De levar baixo as costelas
Os meus furanchos do horror,
Os sonos da utopía,
Cargado de frío e medo.
Alá onde estarei
Compartirei o banquete
Co silencio,
Nos enramados niños
Dos paxaro e trasnos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.