Na gramática das mentiras Morreu xentiñas da terra, Naquelas augas podres, Naquelas trampas e mentiras, Naquela gramática absurda Por todos, moi coñecida. Gramática cheirenta De ingrata magnitude; De miserables “gargalladas” Dos políticos: Todas elas ¡impunes!. Gramática de mentiras Pretendendo ser ilustre, Cando a escoria Con vómitos o honor O pobo cuspe. Hoxe todo val. Eu … Seguir lendo
Monthly Archives: Abril 2017
Os privilexios do pobre home
(Mirade si son privilexios) O home pobre, é tonto si cala, Si fala, un idiota, Si sabe o que di: un imbécil. Si é amable: un embusteiro. Si é educado: Un maricón. Si sofre: Un soberbio. Cobarde, cando é humilde, Louco si é resolto; Valente si é temerario. Presumido si é discreto Adulador si obedece. … Seguir lendo
Pobres meniños
(Daqueles tempos de don Xosé Álvarez, mestre de Lourido con quen aprendín a ler e escribir 1.937). Houbo sempre meniños pobres É pobres meniños Que non se miden Polos seus aliños. Ricos e pobres: Pobres é ricos. ¡Que mais da! ¿Ves aquel meniño? ¡pobre meniño! Pide esmola, Pide pan, Pide abrigo, Pide cariño. . . … Seguir lendo
Diálogo coa almofada esquecida
Foi a iso das oito da mañá, cando me daba volta outra vez. . . Somerxido no sono pracenteiro, na plenitude das sabanas, do colchón almofado, da temperatura, os ruídos, é da vexiga indicando xa a hora de cambiarlle as augas as olivas; mentres o estómago ruxía neste mes de Xaneiro, que hai cousas que … Seguir lendo
Pobres
Pobres non son Os que teñen pouco: Son os que queren moito. Eu non vivo coa pobreza, Vivo con austeridade Con “renunciamento”. Preciso pouco para vivir. (José Mújica, ex-presidente do Uruguai) Seguir lendo
¡Como é o meu país!
É ardente, famento e desolado, Blasfemo. País da boca pechada. País de todos, país de nada. País que adora a miseria, O silencio, A anguria da tarde,que mata. Ninguén sabe nada de nada, A mentira cae fervendo, Sobre o pobre perseguido. Somos ricos en miseria, É enganados perdidos; Se proclama que é o orde Primeiro, … Seguir lendo
Fornelos da Ribeira
Non sei si cantar ou chorar; O que sinto, aquí queda. Terra feiticeira que enreda Cos seus moitos emigrantes. Eido, por onde o río Tea pasa, É abre a fiestra infinda… Natureza cósmica, Que concita a observancia, É a cantar, Sentado o pe do Cruceiro Da carballeira das Fraguiñas. Paz, amor. . . e ollar … Seguir lendo
O Manoel de concha
Que vivira en Cimadevila, Co seu burriño e a súa vaquiña, Seu can, seu gato é a súa familia. ¿Que ten o Manoel, Que antes non tiña, En Cimadevila? O burriño se queixa ¡que mala partida! Cantan as galiñas, O galo xa grita, Da gritos o pato, A vaquiña chora Con voz conmovida: Burro, vaquiña, … Seguir lendo