Textos

A almofada de Pepiño Fernández

Os Emigrantes, de Antonio Rocco

O que o tempo non borrou, o aporte que fixo un fillo de Salvaterra do Miño como polizón, camiño doutras terras que o recibiu e as que lle dedica tódalas enerxías.

No ano en que Santa Evita de Perón visitou Vigo, era eu xa un mozo, onde falou para aos obreiros do Sindicato Vertical, é Franco asustado a mandou a visitar a Virxe do Pilar na Zaragoza eclesiástica. Entre a xente que alí estábamos, tamén estaba Pepiño Fernández, de 19 anos (levaba 5 traballando), é gustáralle de que na nación Arxentina, estaba o futuro. Falara da riqueza, do traballo é da estabilidade social que a todos nos conmocionou ¡ 1.947! anos de fame é dun país mísero.

Pepiño Fernández, nado en Salvaterra do Miño é fillo do carteiro, decidírase emigrar, pero non tiña cartos para a pasaxe, era menor de idade (a maioría era os 21 anos), non tiña documentación algunha, mais que un papel escrito de puño e letra do seu pai, acreditativo de quen era, para traballar, primeiro en Santander, logo en Burgos é despois en Santiago e Vigo.

E foi, precisamente, no vapor “Entre Ríos”, cando pedira permiso para visitalo barco. Dentro xa, coa almofada perdida, transcorridas horas, dérase conta de que o barco se movera.
Foi entón, cando buscou comida con discreción. . .

Descuberto coa (almofada perdida) por un tripulante, volveu a adega do barco é comprobou asustado, mais de 60 polizóns famentos.

O noso Pepiño, para camuflarse pedira prestado uns pantalóns é camisa militar, para confundilos cos que ían escapando da Guerra Europea, pero o chegar a liña do Ecuador, durmía en cal quer parte,(sen a almofada esquecida), sen comida, con moita calor, escapando dos 850 pasaxeiros, como podía.

Próximos a chegar, solicitaron a tódolos indocumentados presentarse as autoridades.

Cando estaba na cuberta de proa, (coa almofada perdida), coñecera a unha tal “Ubaldina”, quen lle aconsellara se presentara ante o Comisario como polizón. Entón lle deron pan e auga. Lle pediron a documentación que non tiña; o único que levaba era unha carta do pai,onde certificaba o nome e apelidos do rapaz é a súa paternidade.

O noso Pepiño Fernández de Salvaterra do Miño, acabou en Comodoro Rivadavia, onde se dicía que era un impostor, “un canta mañas”, fuxido e con documentación falsa dun fusilado.

Pepiño Fernández, nunca mentira, é a sorte o acompañou.

A Santa Eva Perón, enteirada do mal trato os polizóns, botoulles unha man. É o noso Pepiño o 26 de Setembro do 1.947 desembarcou en Bos Aires é foi internado no Hotel de Inmigrantes, pero un tío seu residente na Arxentina, arranxaralle os papeis, é empezou a traballar baixo a tutela do Xuíz de Menores, asistido por unha visitadora social.

Que conste que Pepiño Fernández intentara por dúas veces embarcar de polizón. En ambas perdera a almofada. Sen embargo, a fortuna lle chegou coa axuda peronista. É Pepiño, como outros paisanos mais,empezou a traballar na tenda “La Piedad”.

O que viviu despois e o sufrimento ata hoxe, é materia de outras crónicas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.