Textos

A historia do fanfarrón

Un fanfarrón de Antonio Muñoz Degrain

Un fanfarrón de Antonio Muñoz Degrain

E a historia dun veciño de Fornelos da Ribeira, que nada tiña e presumía de todo.

Me contaran, aló, polos anos corenta, esta historia; unha de tantas historias que xa se escribiran da Santa Compaña, que no rueiro de A Loña, no meu Fornelos natal, houbo un labrego con fama de “fanfarrón”, entre todos eles.

Tamén me contaran que a maior parte deles preferían pasar de largo ao velo; un breve saúdo.Nada mais.

Unha tarde mentres o home traballaba na finca da Loña, lle sorprendera unha formidable tormenta. Entón se dirixiu as “taberna do Churreiras”, nas Fraguiñas, coa esperanza de que o temporal amainara antes do anoitecer. Como puido, foi subindo polo vieiro que vai da Loña a Igrexa, sorteando a chuvia é vento, ata chegar a taberna.

Por casualidade escoitou – como os que ocupaban a mesa contigua – o muiñeiro, o zapateiro é o sancristán, falando da Santa Compaña, afirmaban que nos días como este, un deles haber habela visto nun cruce de camiños que vai o Oural, no Piñeiro Manso, para pedir a alma de quen pronto deixará este mundo dos vivos.

O sancristán, que era da familia do Focha (mais dun saberá quen é ), se refería a tenebrosa procesión dos defuntos, que naqueles tempos pasados, se facían dende a igrexa de San Xoán ata As Fraguiñas, encabezada por un veciño que portaba a Cruz é o caldeiro da auga bendita. A procesión – contaban – ía baixando pola costa en dúas filas fantasmais de defuntos vestidos con sudarios é descalzos.

O seu paso, di o zapateiro, que se percibía un cheiro a cera é un ar fantasmal; o do muiñeira, que a persoa mortal era recoñecida pola luz que lle rodeaba é a palidez do seu rostro era que estaba condenada a vagar noite tras noite, ata a morte, ou quizais, ata que outro “incauto” fora sorprendido en cal quer encrucillada que ten a parroquia, momento na cal recibiría a Cruz,
para vagar tódalas noites pola parroquia.

Dende logo, o día estaba precisamente para falar da presenza da Santa Compaña, que anunciaba a morte dalgún veciño coñecido/a; pero tamén podería aparecer para reprochar aos vivos das obrigas incumpridas, ou para cumprir unha pena imposta no outro mundo.

Algo así como a procesión de Santa Marta de Ribarteme, en As Neves, na que se conta que a lutuosa procesión transporta un ataúde no cal vai unha persoa dentro; persoa que sufre a aparición, sendo seu corpo astral o que esta nese ataúde.

O mais curioso de todo era o que contaba a tradición popular. ¡Quen puidera librarse de ser
capturada a alma do mortal, que presenza a procesión,no Cruceiro de As Fraguiñas, ou tamén, si porta a Cruz e a exhibe no tempo. . .!

O coñecido fanfarrón, saíra da taberna e ¡o sorpresa! Fixo un circulo no chan é entrou nel, é o escoitar o trono, dixo: “Xamais aceptarei unha vela que nos de algún defunto da procesión, xa que pasarei a formar parte da Compaña”. O sancristán, por si acaso replicoulle: ¡ollo,amigo!:
“Algunhas das nosas xentes afirman ter visto unhas luces nas gabias dos nosos camiños”. Noutras, a presenza de ánimas, cheiro a cera. . .

A verdade é que estas cousas non deixan de ser verdade para quen as vive. Pois é, camiñando emitindo rezos co rosario, os cans anunciando a chegada da Santa Compaña ladrando de forma desmedida, os gatos escapando realmente asustados, é o noso veciño fanfarrón, verse na obriga de trazar o circulo no chan, entrando nel, era todo un ritual, é unha sorpresa nestes tempos. ¡Manda carallo, que cousas había na miña terra que agora non hai!

Eu non me imaxino o noso veciño apartarse do camiño, non mirar, é facer como quen non quere a cousa. A verdade é esta e non outra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.