Textos

Orgulloso da terra que me veu nacer

O neno das piñas de Castelao

O neno das piñas de Castelao

Xa o dicía Miguel Hernández: “Aínda baixo a terra meu amante corpo este, escrébeme a terra, que logo te escribirei”.

Dende a antigüidade decenas de civilizacións veneraron a Terra Nai, creadora de vida, e protectora de todos nós; pero ¿Si a Terra fora na realidade a nosa amante nos protexería? Este é o que se desprende dos “eco sexuais”, medio camiño entre as manifestacións artísticas, sexualidade, e activismo ecoloxista de hoxe.

Non fai moito tempo lendo un “manifesto deles”, sinalaban seus propósitos: “ser acuófilos, terrófilos, pirófilos e aerófilos”, porque abrazamos as árbores, sen pudor, pisoteamos a terra cos pes, é falamos eroticamente coas plantas. Acariciamos as rochas, gozamos da natureza é admiramos os cursos dos ríos. Facemos o amor a terra con nosos sentidos.

Naquel manifesto se dicía: “Salvemos as montañas, as augas e os ceos, necesarios a través do amor a alegría e o noso poder de sedución”. Deteríamos as violacións é os abusos é envellecemento da Terra.

Eu que nunca aprobei o uso da violencia, loitei e loito contra os culpables da destrución da Terra, mediante a “desobediencia pública”: “activismo ambiental”. Traballar e xogar sen descanso pola xustiza e paz mundial.

Faime graza os que aconsellan facer o amor coa luz apagada, e si se queren ver que sexa coa vela de cera de abella e parafina, ou polo día. ¿Por qué? Porque o sexo vende tanto que se aproveita para a conservación do Medio Ambiente.

Digo eu: “Si aproveitaramos o amor a nosa Terra Nai, tal vez poderíamos salvalo resto”.

A tradición e o saber, nas nosas aldeas, confirman o perfil da empresa amante da súa terra, é das súas xentes.

Lémbrome daqueles fillos de Fornelos da Ribeira na Arxentina, entre eles familiares meus, que pedían morrer na súa Terra Nai. ¿Por que? Ben o sabemos.

Outro exemplo vivo, o encontramos na Galicia Ártabra, de Xosé María Pérez Parallé, amante, tamén da terra. Coma eu. É foi un dos grandes poetas galardoados “ pola auga da vida, que sanaba a ferida pola herba moura que buscaba o tesouro”. “Polas pedras – como nos-, do raio que mata o meigallo: Lume, lume,lume, na viva viradas, polo San Xoán ou pola Virxe das Dores, en Fornelos da Ribeira, na carballeira de As Fraguiñas. Te fago é queimada é.

Lémbrome tamén do fogar de Cambra con:
Aquel recanto que enmudece
Con cartas e fotos vellas,
Coa cor da idade,
Cheas de sentimento
Agonizante tinta
É desfeitos,
Naquel papel furado
Como o breviario
Ou o Novo Testamento.

“Aínda baixo a terra,
Meu amante corpo estea,
Escríbeme a esta terra
Que xa logo te escribirei”.

A educación recibida naquel casón de Cambra, representou para min, valores, cultura, coñecemento e aprendizaxe.

Hoxe doume conta do mestre don Xosé das Rodas, na Escola Pública de San André de Lourido, na que se permitía aprender de forma sinxela os problemas sufridos hoxe. Aquela primitiva formación foi a actitude amigable coa nosa terra; transmitida na educación, clave do futuro. En cada unha das nosas parroquias nos ensinaron a ser “amantes” da terra onde somos nados: “gando, traballo no campo,as viñas, a horta”. . . en cada unha, se conmemoraba a nosa cultura, invitando as xentes en xeral, a participar activamente.

Boto en falta que sendo a nosa terra,tamén terra de viño, non haxa un “festival que todo amante do viño debe gozar”.

Sería unha experiencia nunca esquecida para tódolos asistentes, é nós orgullosos da Terra Nai que nos viu nacer. ¡Así de claro!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.