
Bodega de Jesús Noblejas
Nesta almofada esquecida.
Eu xa sabía que a Lei do funil (embude), é unha expresión popular que denuncia as inxustizas que no meu país son moitas é que atentan contra o xusto principio da equidade.
Hoxe está mais que comprobado, como no noso país, se aplica a dobre vara de medir con certos “personaxes” da esfera nacional. Non quero dar nomes. Aparecen a diario nos xornais e na TV.
Todos sabemos do formato do funil (embude), “boca ancha, outra estreita” que a oligarquía utiliza, para aplicala lei, é o mesmo tempo que sirva para dicir” é aplicada a todos en xeral”. ¡Xa! Canto mais graves presuntos delitos, menos penas y canto menos pequenos delitos mais penas. E aquí a realidade presente: Roubas millóns, penas 3 anos e 3 meses; roubas unha barra de pan 8 anos é 3 meses. Inversamente aplicada a cada presunto delito. Grazas a ela, todo vai ben.
Nos tempos de Ramón Campoamor, que xa existían as inxustizas, escribía poemas da Lei do funil, que dicían:
“Do seu honor en menoscabo
Faltou un esposo a súa esposa
Ela perdoou amorosa
É o público dixo: ¡Bravo!
Faltou a muller o cabo,
Falta de tanto desdén
E faltou o esposo ¿Tamén?
Perdoou a esposa ¿Non?
O Esposo a matou,
É o público dixo ¡Ben!
Xa choveu dende aquela é a dignidade segue aldraxada pola Lei do funil. É os nosos gobernantes mirando de perfil.
Eu espero que a partir da sentenza do 17 de Febreiro do presente ano (2.017), se empece a aplicalas leis en igualdade de condicións.
Pablo Neruda na súa “Promulgación da Lei do funil” di:
“Estalaron os aplausos,
Dos bancos aristocráticos:
¡Que elocuencia, que espiritual,
Que filósofo, que lumieira!
E correron cada un a encherse
Os bolsillos no seus negocios,
Uns acaparando a leite,
Outros estafando no arame,
Outro roubando no azucre
E todos chamándose a voces
Patriotas co monopolio
Do patriotismo, consultando
Tamén a Lei do funil”.
Así escribiu con sorna Pablo Neruda, que ben poderíamos aplicar nos aquí.
No meu pais preside a vileza.
Non tardarei en deixar a miña terra, pola idade, desbaratado na súa sagrada sangue, consumida polos farrapos. E dixen ben.