Poemas

O meu DNI

El sueño de Jacob de Nicola Spinosa

El sueño de Jacob de Nicola Spinosa

Escrebe:
Son de Fornelos da Ribeira
O meu DNI empeza por 35
É pico.
Escrebe:
Son de Fornelos,
Con amigos de infortunio,
Traballando a terra,
Arranxando un chisco de pan.
Non pido esmola nas portas,
Nin me rebaixo a pedila
Escrebe:
Son de Fornelos
Non teño alcume,
Xa os digo.
Espero con paciencia
Non se esfumen a lixeira
As miñas raíces,
Fundidas antes de ser nado
No tempo,
Antes da eira,
Do millo,da seca
Antes da primavera.
Meu pai…
Non era de familia labrega,
Tampouco de nobres señores,
Meu avó bacharel.
Escrebe:
Son de Fornelos,
De Fornelos da Ribeira,
Teño cabelo rubio,
Ollos azuis,
Sen mais detalle.
Tápome a cabeza
É digo que vivo,
Nunha aldea perdida
Entre tantos labregos…
Sen vieiros,
Sen veciños
Todos eles traballando.
Escrebe:
Son de Fornelos
¿Roubaches as uvas
A miña madriña?
¿Que dis?
Escrebe:
Non quero aborrecer a ninguén,
Nin a ninguén roubei nada,
Pero teño moita fame
É devorarei a quen me roube.
¡Coidade pois!
¡Coidado pois coa fame!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.