Poemas

A miña aldea

Perro tumbado en la nieve de Franz Marc

Perro tumbado en la nieve de Franz Marc

Amigos, e xente toda,
Católicos, herexes e socialistas,
Todos vos de altos alcumes,
Xentes de grandes talentos,
Do saber e do inxenuo,
Sinalaime as costumes
Da perversión xa probada
Para un meniño e o home,
A solteira e a ben casada.
Porque este que aquí fala
Pasa a man
Pola espiñosa fronte,
E prosigue con ton vehemente:
O mociño que contempla a carballeira,
Na súa razón leva,
O hábito onde habita
A muller xa casadeira,
Aprender novos teimados,
No buscar o seu marido
Cos afagos de amor finxidos.

A rapariga solteira
Esa nena quince aneira,
Alma sentimental,
Posuída de enlevo
Aprende a largalos brazos
E desexar un bo bico,
Baixo a árbore do enredo.
¡O bico de película! ¡Señores!
¿Canles son os efectos destrutores,
Que nos organismos virxinais,
Producen caricias pasionais
Nesas parellas en branca tela,
Esquecendo as pragmáticas morais
Abrindo vicios na escola?
Termino co meu discurso;
Moi tibiamente aplaudido,
O orador se retira
Saíndo a abrirlle a porta
A unha linda portuguesa
Que leva nos ollos
Dobre brasa,
Metida nas carnes,
E risoña,
¡Carallo! Sempre espía
Da ocasión, picardía,
Asaltou o presidente
E de repente,
A moza o seu lado sorría…
E o presidente impaciente
Do arredor,
Tras del a esposa,
De grave moralista
Viuse asombrada,
Con un bico a contra luz.
¿E que queres, muller?
Es ti quen define
A pública moral
Con torvo xesto?
¿Sabes logo,
O que é isto?
A influencia da televisión ¡Non insistas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.