Textos

15 anos sen a peseta, a nosa rubia.

Guillermo Lorca García-Huidobro

Guillermo Lorca García-Huidobro


¡Como pasa o tempo, 15 anos xa! sen a peseta, dende o 1º de xaneiro do 2.002.

Non sei si vostedes son dos que pensan na antiga moeda con nostalxia ou simplemente cren que a peseta duraba moito mais que os “euros”. Quizais, xa ninguén pense que 6 euros son as 1.000 pesetas. Que as chucherías custaban 5 pesetas e hoxe 1euro. Ou tamén que nunca mais se volveran a ver os billetes de 10.000 pesetas.

É moito tempo xa para a nosa peseta, nada no outubro do 1.869 polo ministro da Facenda do Goberno provisional, que dera o traste con Isabel II, Laureano Figuerola, substituíndoa polos “escudos”. ¡Mais de cento! despois chegaría o “euro” que nos introduciría na Unión Europea e que todos vimos xogando no taboleiro europeo.

Me lembra, precisamente hoxe, de ir o caixeiro e saírenme euros, porque o 28 de febreiro, acabarase o que se daba. A nosa “rubia”, xa non servía para pagar. O 1 de marzal do 2.002 abandonounos despois de 130 anos. O “euro” nacera no 1.996 co BCE e o cambio a 166,38 pesetas euro.

A nosa pobre rubia, e xa pasado; acabábamos de entrar na moeda única, e temos a sensación de que agora todo é mais caro, porque a peseta nos duraba moito mais que o euro. Unha barra de pan, un café ou unha bolsa de pipas en 15 anos multiplicou seu prezo, con mais pena que gloria. Lembro os que teñan pesetas que dispoñen ata o 31 de decembro do 2.020
para cambialas en euros, para as moedas emitidas despois do ano 1.939, porque para as emitidas durante a Guerra Civil, deben ser revisadas para o cambio.

Eu teño para ti, miña querida rubia este poema:

Cando eu, era pequeno
Coa miña mente inquieta,
Chea de imaxinación,
Soñaba coa “peseta”.
Naquel tempo tiña “morriña”,
Aquela chamada peseta:
¡Que coqueta!
Tan redonda é louriña!
¡Tan discreta!
Dos pobres tan ansiada,
Polos ricos admirada.
¡Rubia, si que valías!
Lévote no corazón.

Non te esquezas, miña amiga:
“A todos sen distinción,
Nos enchías de emoción,
Fuches de prata real,
Un duro, cinco rubiais;
É sen avisar, un bo día,
Veu o “euro” e te roubou,
É puxo punto final”.

¡Que a historia te bendiga!
So nos queda a memoria.
¡Que deus te teña na gloria,
E a Igrexa te bendiga! Amén.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.