Poemas

A boneca

El caminante sobre el mar de nubes  Caspar David Friedrich

El caminante sobre el mar de nubes Caspar David Friedrich

Era un anoitecer de decembro,
Unha meniña humilde,
Descalza
E as mans hirtas,
Sen temor a choiva,
Cada vez mais apertadas
Diante da “Tenda de Rón”,
En Fornelos da Ribeira,
Contemplaba extasiada,
Unha boneca,
que na fiestra estaba.

– ¿Que fas aquí? Lle pregunta,
Ron, o tendeiro,
Con voz desairada e seca,
Empuxándoa pra fora.

– Deíxe me un pouco,
Que estou mirando a boneca.

¡Vaite!
Deixa me a porta aberta.

– ¿Costa moito? lle pregunta.

– ¿Será moi cara, de verdade?

¡Lárgate a pedir esmola!

E marchouse a pobriña
Ocultando a tristeza.
E foise, sen pedir esmola,
Ninguén escoitou as queixas,
En falecida e triste,
Cruza o rueiro de “O Casco”,
Lembrando a amargura
Da tentadora boneca.

Pide a Peregrina da Laxe,
– “Unha esmola,
Para esta pobre orfa”.

É replica:

¡Quítate que levo presa!

– ¡Teño fame!

¡Pobre meniña, dáme pena!:
Toma un peso,
Para que pases a noite
¡Vaite!.

– ¿Non será falso?
¡Si é que me volvo louca!
Louca de alegría.

¡Que Deus lle de a gloria eterna!

E correndo foi para As Fraguiñas,
Veloz como unha bicicleta;
O Faro de Vigo, comentou
Haber encontrado un cadáver
En Rañe, no portal da Rectoral,
Abrazando a boneca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.