Poemas

Calar non podo

Adoración de Jesús ANDERSON

Adoración de Jesús
ANDERSON

Calar non podo,
Calar e unha baixeza,
E é, mais pobre a pobreza
Aparellada o medo.
Eu que a mentira non cedo,
Quede ¡Claro! Forte falar,
E si nada ei de lograr
Saberei o do can facer:
“So contento co ladrar”.
Que son torpe, o entendo,
Pero quero dicir o que sinto,
Pero non como lamento
Nin como protesta valente.
¡Basta xa de ser prudente!
Porque de tanto perder,
Me importa pouco ser
Deste mundo miserable
Que non compre como debe.
É posto que non contento
Coas calumnias e falsidades,
Que se están a cometer,
Non podo ofender
Porque diga a verdade.
Ben sei que odio e rancor
Non teñen explicación
É os imparciais son
Outra clase de crenzas.
O fillo do pobre obreiro,
Que tan so cometeu
A falla de haber nacido,
En Fornelos da Ribeira,
Duns pais sen diñeiro,
Por causa dos usureiros,
Explotadores do pais,
Danan o corazón das nais.
¡Oh xustiza! ¿Onde estás?
Canto tempo en chegar,
Pareces que es cega,
O influxo do diñeiro
Te estás facendo dobregar
Demostrando o contrario.
Dramas que son e non se foron,
O horror do home honrado,
Que a de quedar calado
E nun recanto esquecido
A sangue fluír na mente,
Nun volcán de auga quente
Pronto para estallar:
¡Que modo de razoar!
¡Que traidores xunto a honra!
¡Que horror!¡Que deshonra!
¿Que pensan o mal nacidos
Do pobre traballador?
¿Como poden ser irmáns
Estes que nos devoran?
Estes que colaboran
Para destruír
O que os cegos analizan. . .
¿Estes que o diñeiro adoran?
¡Pensar! ¡ Que triste e pensar!
Non sei para que pensar
Porque so encontro
Indignación e malestar
¡Quen puidera pechar
Baixo chave o pensamento
É con só o sentimento
Do pracer abrila porta,
Aínda que todo se fundira
A terra e o firmamento.
Para todos os que loitamos
Entre chantos e amarguras
So mentes na loucura
O lenitivo encontramos.
Canto mais cordos pensamos,
Maior é o noso sentir;
Pensar que so é sufrir
Que vivamos a vida,
É tan triste, que convida
A maldicir.
É, en tanto nos chega a hora,
Da reinvindicación
Fagamos oposición
A os voitres que nos devoran.
Neste dicir imaxinario
Que nos souberon pintar;
O sufrimento é gañar
Desprezando as mentiras,
É so o progreso mirar
Que é o que te a de salvar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s