A voz do te fillo Que te fala na lingua materna; Na lingua que herdou Dos seus antepasados: Na lingua que poucos fallan. Desta maneira de falar. Daquela sangue inútil, Daquela vida de sangue, Daquela vida de antes, ¡Sálvame de tantos males! Que o meu chanto se faga alegre, Que a vida que te rodea … Seguir lendo
Monthly Archives: Febreiro 2018
O meu camiño
O meu camiño se empina, Dende o Casco ata a igrexa. ¿Quero ser un anxo? ¿Quero ser un luceiro? O meu camiño se empina Camiño da miña igrexa. Gústame este camiño, Porque é onde eu vivo. Me gusta o Cruceiro Deste Casco infindo, Cheira a prados, A piñeiros A viñedos E maínzos. Me gusta o … Seguir lendo
A Carballeira de As Fraguiñas
Foi perder as súas ramas, A paz e as romarías: Outra vez Nai. Outra vez fronteira Entre outras identidades. ¡Que difícil é ser de Fornelos! ¡Que terrible o seu destino! Sinto ofender a dignidade, Deste grande desafío, As inxurias e ameazas Por este noso destino. ¡Que difícil e a liberdade, Nesta terra tan amada Polos … Seguir lendo
Señor Santiago
Dáme forzas para arrancar Por estes camiños e rueiros, Por estes floridos eidos, Camiño do teu andar. Dáme forzas para peregrinar Desta terra a túa terra, Xa non podo esperar. Me ofrecín levalo hábito Ante tanto esquecemento, A Santiago irei camiñando Non fago mais que esperar. Seguir lendo
O conto do “seguro do gando”
Velo aí vai o Manoel a labrar, Aínda que o tempo non é bo; A terra está seca. Pero o Manoel encontrou a xogada: O que folga, pena. Dende a Feira de Ponteareas, Do día dezasete, En que as mercara, Non puidera aínda probalas. Non é que metese Os cartos dos bois e saíran malos, … Seguir lendo
Deixar deixei…
Deixar deixei pasalo tempo, Perdido nunha mirada; O solpor da tarde enchendo a Lúa. E naquel sabor a tinto, na “cunca”, Analizando os viñedos, O acedo e dozura,do viño , E das uvas. ¡Que fermentación do bagazo pisado! Que cubas de sonos cheirando a chantos, Padal de silencios; Porque a dor non e auga, Sen … Seguir lendo
O xuntoiro proveitoso
O fillo da tía María, De Fornelos da Ribeira, (Non quero citalo nome): Non había outro home, Para apañar herba nas veigas, Sachar e andar co gando. No seu eido, as galiñas, Ovellas, porcos e cabras, Conexos e porcos celtas, Parella de bois e vacas; Merlos, gorrións e pardais, Xílgaros e paspallás, Pombal con cen … Seguir lendo
Os nosos emigrantes
Saíron da nosa aldea de Fornelos. Sen lamentos, sen protestas, Deixando atrás a familia, Os amigos e a aldea. Dixeron. ¡Ata logo! Sen esperala resposta. Cando se mira para diante Se esquece o que se deixa. E dende o porto de Vigo, Deron o salto as Américas. De herdanza nos deixaron: Amor a liberdade, A … Seguir lendo