Poemas

O conto do “seguro do gando”

Estudio de vaca Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, Fernando

Estudio de vaca
Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, Fernando

Velo aí vai o Manoel a labrar,
Aínda que o tempo non é bo;
A terra está seca.
Pero o Manoel encontrou a xogada:
O que folga, pena.
Dende a Feira de Ponteareas,
Do día dezasete,
En que as mercara,
Non puidera aínda probalas.
Non é que metese
Os cartos dos bois e saíran malos,
Que como di o cura don Francisco,
E unha experiencia,
E probado está.
E tan verdade,
Non ter conciencia
Como os homes de antes
E os de agora.
Dous mil reais lle levaran
Dixera o Manoel:
E si Deus os conserva
Han de dar uns trescentos mais
Do que custaron,
Que hai para darlles ben de herba.
Vicio ten algún,
Mais son a xeito;
Dentro de pouco mais,
De tres meses,
Han de labrar,
Deus mediante.
E como pouco,
faranse reses.
O peor será,
Si como leu onte,
O Manolo Saborido, no Boletín,
Traen de fora gando.
Pois neste caso, a monte,
Mais que posto a prado.
A xogada está, ter tres vacas,
Dúas xatiñas,
Trinta e cinco ovellas na corte,
E contar con uns porquiños.
E que os garde San Antón
Da morte.
Nove mil reais e pico
Para unha apurada
E aínda que con eles non serei rico,
Tranquilo estarei libre de coidados,
Mais entre amañar a dote das rapazas,
E librar o rapaz, non me queda
No peto nin un pataco.
E aínda algúns,
(Aínda que poucos),
Buscaron deste xeito
Unha perda,
(Aínda pequena),
Para un labrador lle resta:
¡Pedir cartos prestados,
E unha pena!
E sen réditos,ninguén presta.
Si che morre un boi,
Poño por caso:
Un dos mercados
Pois hoxe en día,
Estar de “pesetas” tan escaso,
Que avergoñarse,
Para mercar tería.
En troques, si “O Seguro”,
E entre nós,
Unha verdade,de apuro.
Sen deber o favor algún,
Nin rachar botas,
Pagando as cotas,
E si pola sorte ten
Non fora a res a entregar o pico,
Os encargados de collelo axiña,
Non quedaría mais pobre,
Nin mais rico.
Alá o domingo,
Na igrexa de San Xoán
De Fornelos da Ribeira,
Saíndo da misa para As Fraguiñas,
Foi a falar os homes deste xeito:
“Ben sabedes,veciños, que a labranza
Está tan mal,
E o que lograr podemos,
Que o que mais ou o que menos,
As faltas para cubrir, non alcanza,
As viñas xa claudicaron,
E pronto os castiñeiros
Han de seguir o camiño
E cal quedou a carballeira.
Hoxe dos apuros,
O que rende e o gando,
E hai que ser afortunado,
Sen un codelo a man,
Ter unha pataca”.
Tratade pois,
Con verdadeiro mimo
O gando,
Que si e certo,
E o noso agarimo
E debemos ter
As perdas cubertas:
Aumentar os pastos
E melloremos os prados.
Non serán tan vos,
Como quizais coidándoos.
E para evitar,
Caso de morte,
Xa que ningún ten a sorte,
Dunha res poida en apuro,
Aceptémolo “SEGURO”
Non hai que ir aos avogados:
Xuntémonos pois
os que teñamos gando.
Acordemos que,
Si algunha vez res morrese
Entre todos,
Xuntemos o que valese.
Ninguén cartos manexa,
Deste xeito.
E so cando morre unha res,
Un reparto es comeza,
Que en poucas horas
Da cal quer feito,
Despois coller as cotas xuntadas,
Labor de tres da mañá,
Se non me engano,
E logo, ir a entregalas
Sen sentilo remedialo dano.
Obrar, e o que convir,
Pouco “predicar”,
Que non é necesario ;
nin que veña a meterse aquí
O cacique,
Nin que alargue o gadoupa
O Secretario,
Seguro estarán os que escoitaren
Louco, mais dun chamará,
Mais andando o tempo
Escoitaran cavilando
Como han de ir pouco a pouco,
Que, despois da sementeira votada,
E aínda que os paxaros coman,
Sexa sen dúbida aproveitada.
¡Mirade por onde ven,
O Manoel, tan contento
Da idea e da xogada!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.