Poemas

Na taberna de Guillade

 Fumadores en una taberna  Teniers, David


Fumadores en una taberna
Teniers, David

Cando estaban na taberna,
Do bo amigo Guillade,
Non interesaba sentarse,
Senón, de apresurarse
A coller a cunca de viño chea,
Porque o que sucede na taberna,
É que os cartos se gastaban
Naquelas noite perdidas
No torreiro de As Fraguiñas.
Algúns xa estaban espidos,
Outros aínda estaban vestidos,
É outros tapados cun saco
Nun recanto recollidos.
¡Ninguén temía a morte!
¡Ninguén se sentía perdido!
Se escoitaba que algunha vez
Guillade o taberneiro,
É por certo perruqueiro,
Dicía: Bebede ansiosamente
Polos defuntos que se foron:
Unha, dúas ou tres veces o día;
Catro, por tódolos veciños.
Cinco, por Forneliños de Lourido.
Seis polos que estaban enfermos,
Sete, por tódolos emigrantes,
Oito, polas almiñas en pena,
Nove, polos hoxe desavidos,
Dez polos pobres penitentes,
Once, por tódolos mal paridos
Doce, por aqueles fuxitivos.

¡Bebede dicía Guillade!
Por toda a xente nosa
Que a pesar de seren pobres
As ideas tiñan claras,
Pois eran republicanos
É uns bos compatriotas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s