Poemas

De como vai a cor do viño

 El Descendimiento  Weyden, Rogier van der


El Descendimiento
Weyden, Rogier van der

O viño, vai de verde a morado,
Tórnase rosa, transparente,
Onde a Lúa é sólida o instante;
É o aroma do viño insistente.
O home sabe de viño,
O viño sabe do home;
O produto un misterio.
A memoria do viño
É a memoria do cultivador
E das estrelas;
Que un día, xa de pe,
Matouno esquecendo
E se viron as alancadas
Pola terra.
I é que o viño ten un orde,
O conducen os meigallos,
Con sardiñas, viño, e pan de millo,
Nas Fraguiñas
con sabor a romaría.

É cando o corazón e os anos
Arden en leña nas cociñas,
O viño e compañeiro solidario,
Pero tamén é teimoso
Que acende a fogueira
Das romarías e festas,
Pero as veces prisioneiro
Das sombras que corrompe
Para entregarse a elas.

Sae do viño un puño,
Sae un grito en alto,
Do fogar do pobre;
De noite na taberna,
Un cantar triste da terra,
Prostituíndo un sorriso da vida,
¡Quizais un berro deshonrado!
¡Que triste macho caprino!
Da condición humana.

Hai que coidalo o viño
Na adega milenaria,
Como un deus remoto
E liberar a alegría;
Encher de xúbilo a festas
E tamén as romarías,
Coa regalía do viño
E non buscar por erro
A liorta ¡Que se diga!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.