Poemas

Galicia…

 Orilla nevada del lago Trasimeno  Morera y Galicia, Jaime


Orilla nevada del lago Trasimeno
Morera y Galicia, Jaime

Galicia,son eu,
Cos pes en marcha,
O que acompaña os mortos
En silencio, e pola causa.

Galicia, son eu,
Coa miña boca e miñas mans,
Golpeando na pobreza;
Calada pola ignorancia.

Galicia son eu,
Cos meus ollos, miñas mans,
Miña cabeza,meus pes miña boca,
Meus rapaces soñadores,
Meus obreiros,
labregos e profesores.

Galicia tivo u sono…
Un sono que mal termina,
Que careceu de brazos,
de pes,de asas e bocas,
Deixándoa case que morta.

É Galicia é,
O home de ciencia,
Coa igualdade no lombo
E a loita sempre certeira.

Galicia e…
A que esperta sen golpes,
Pero con moita coraxe,
Espera a chegada da liberdade
Sen baralleiros políticos.

Galicia,
Xa non é a que durme,
Galicia xa non descansa,
Non ten medo e desconfía,
De todas súas aldraxes.

Galicia,
Camiña de noite e de día,
Con homes e con esperanza…

Galicia son,
Os meus ollos,mollados no río Miño,
Que miran cara o futuro.

Galicia son as miñas mans
Fortes e frescas,
As que chaman a esperanza.

Galicia son,
As miñas verbas
Que non deixan de soar…

Galicia, son os meus ollos
Mollados no río Tea,
Os que miran ao futuro…

Galicia son as miñas mans,
Fortes e vellas,
As que tocan a esperanza…
Galicia son as miñas alas
Que non deixan de soñar:
Sempre tomaran o vo
En favor da liberdade.

Eu te acompañarei sempre
Ata pechalos meus ollos
Cal que noite antes de cear.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.