
Pescaderas en Vigo
Araujo y Ruano, Joaquín
Agora vivo en Vigo, ¡si señor!
Gozando cada día,
Da xente,terra e alegría,
Pero os sentimentos de amor,
Meus sonos e meus desexos,
A nostalxia de Fornelos
A levo no corazón.
Quero que saibades de min,
Pero en prosa mal me expreso,
Por iso vos vou contar
Algo, pero sempre en verso:
Fun nado en Fornelos,
En Fornelos da Ribeira,
Concello de Salvaterra,
Onde pasei a miña infancia
E tamén a adolescencia.
Unha aldea moi fermosa,
Bañada pola ribeira do Tea,
Con xentes soñadoras
E moitas ganas de xolda.
No rueiro de O Casco,
Vivín feliz;
Sempre cheo de ilusións,
Unhas veces comendo uvas
É outras escoitando o reiseñor.
Por motivos de traballo
A tiven que abandonar,
Emprendendo unha nova vida
Lonxe da miña terra, “meu lar”.
Cos meus anos de estudante,
É cargado de ilusións
Camiñei o País Vasco,
Onde logo, me encontrei.
Así é como fun e son,
Tal como o sinto,me expreso,
Para que todos saibades
Algo sobre estes meus versos.