Poemas

O eido de Cambra en Fornelos da Ribeira

La vendimia o El Otoño  Goya y Lucientes, Francisco de

La vendimia o El Otoño
Goya y Lucientes, Francisco de

Cepas vellas,
É carreiriñas
Coas rozaduras de neno,
Marcaron sempre meus pasos.
Alí, no fundo do Casco,
Con acacia e a capela,
Que mais quero deste mundo,
Me envolveron en lembranzas
Os primeiros anos de vida.
Naquel recuncho galego,
Que me sei de memoria,
Podería imaxinarme
Que non pasara o tempo,
Cos meus sete anos de idade,
Nos que durmía encantado,
Cos ollos sempre pechados,
Ou esperto na cama,
Naquelas mañás de inverno
maxinando o día anterior
o cheiro a campo vello.
Hoxe as lembranzas me forzan
A desfacer o andado,
Cheas de tenras lembranzas
Que me serven, nada mais,
Para morrer co andado.
Polo menos, a vida na escola,
foi o inicio da vida:
Coas imaxes das noites,
O nacemento da Lúa,
A visión do río Tea,
E o medo da invernía.
Demasiadas lembranzas
Das noites, cantando
O vento, e
Xunto o fogo acendido
O ritmo do fogar aberto
Cos familiares dentro.
Hoxe soño de maior,
todo aquilo;
Sonos de nostalxia
xa doutra vida.
Si fun de neno acostumado,
O exercicio da irrealidade,
Nado na melancolía,
Que de entón so me queda.
¡Hai da conciencia enganada
Resentimento vivo
Que nin o silencio
e soidade calman!
É tamén algo mais fundo
Que o corazón reclama;
Algo que xa non se sente
Coa natureza dos homes,
Que ata a data de morrer
Parece, estar tranquilo,
Igual que este curruncho xisilo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.