Poemas

Fornelos da Ribeira: miña canción berce

La Virgen con el Niño y ángeles  Cajés, Eugenio

La Virgen con el Niño y ángeles
Cajés, Eugenio

Fornelos da Ribeira, miña aldea nativa,
Eu che agradezo a vida.
De ti naceu meu pai, emblema da familia,
Ascendencia primorosa que por ti foi concibida,
Lealdade e ensinanza,contigo reconcilia.
Esta túa frutuosa terra de sol e néboa vestida,
Vexo o valor de nosa raza,
Da xente que te ama é auxilia.
E aínda que eu estivera lonxe
Meu corazón non te esquece:
Ti fuches o berce.
Nacín no eido de Cambra,
Onde a fauna, flora e froitos é
Vida deron os teus fillos,
Alegrando o mañá
Co trino das aves que lembro e gozo,
Na igrexa de San Xoán escoitando a campá,
Hoxe a nostalxia me invade.
¡Cantas veces soñei contigo é espertei chorando!
Por iso te quero tanto:
Eido de Cambra, eido dos meus avós,
A vos os canto.
Hoxe que a Lúa os está alumeando.
As augas do río Tea danzando,
As flores do xardín de branco manto,
As túas xentes ¡un encanto!
Me están mostrando . . .
Coa volta dos teus fillos a terra,
Onde os espigados millos calman o chanto.
A túa igrexa, as costumes son outro encanto.
Miña terra natal.berce dun amor santo!
Que do Ceo os avós te coidaron.
Noites familiares, barbelas douradas
De exquisitas é divinas rosas
Entreguei meu corazón, e as miñas cousas
Evocando a inocencia dos ananos anos,
Que ao ollar as estrelas
Derramei bágoas sobre o florido en soño
Que levo na miña alma, nobre e amorosa
Como os nenos novos.
Lémbrome hoxe, daquelas noites
De fraternais bicos,
dándolle amor as follas verdes
as uvas sempre saborosas e o meu
xardín berce, dos meus pensamentos,
as caraveliñas, o cantar do moucho trasnoitador
que me vixiaba,
e a luz da Lúa na fiestra
mirando extraviada, coas mans nas meixelas.
Lémbrome dos sonos da familia,
Do avó de cabelos brancos
Que unha noite nos chamou do Ceo
E sorrindo nos dixo: Os amo.
Estábamos sentados na eira,
É saímos o encontro para bicar seu rostro
Sucado,
E coa branca barba, irradiando infindo amor
Da súa nostalxia e diáfana mirada
Coa magnitude profunda dun ser sublimado,
Nos deu un bico e un paternal abrazo.
É o instante nos deixou chorando
Moi tristes é o chamamos cantando
A grito en peito,
Esta canción saloucando:

Hoxe volvín a Fornelos dos meus amores,
O eido que fora dos meus avós,
A sentir os perfumes das flores,
Que aspirei de neno no xardín.
Coa familia e sen temores
Fun crecendo feliz e sen desvelos;
Pero o destino e meus “guiadores”
A vivir me levaron a outros rueiros.
A miña infancia foise, e non por elo,
Deixei de amar o meu Fornelos,
Porque o Sol me brindou o seu destello,
Dunha luz no que o tempo nunca pasa,
E de Fornelos pregoei
Dando o mundo mensaxes de esperanza.
De Fornelos me fun, e cando me fun
Deixando a terra dos meus antepasados,
O eido o fogar na que viviron
Axudado pola madriña Alfonsa,
Deixei atrás as viñas
Que co vento, auga e Sol raxeira
E garda,
A aurora que coa Lúa na mañá
Alumea cal estrela inquieta.
Deixei o eido fermoso,
Onde naceron os meus antepasados
E sentín dos meus primorosos sonos
As risas e xogos infantís
Que o calor do fogo fun queimando,
Se tornaron en gozos xuvenís.
Fornelos! Terra de verdosos campos,
Adornado cos grilos e as rás,
Saltóns dourados,
Estreliñas fugaces con afagos,
Alí os meus tenros ollos te miraron
Espertando en min un vigor a chama
E fondo no meu corazón cravaron,
Para quitarme coa súa luz a calma.
¿Como non lembrar a miña eira,
Todo o que me deu para a miña vida,
Gardando a flor mais preferida?

Así empezou aquela historia
Que a vida cambiou por completo:
Non me fun de Fornelos buscando a gloria
Nin tampouco me fun
Por algún segredo.
Hoxe encóntrome feliz como ningún,
Con familia, fillos e netos
Lembrando aquel eido
De Fornelos da Ribeira con respecto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.