
Merienda de aldeanos
Teniers, David,Uden, Lucas van
Eu fun un neno tímido
Que quixo descubrir as nubes
Na Escola de Lourido.
E que na aula escribía
Intentos dalgúns poemas,
É pedía adiviñanzas
Sen atender as ensinanzas
Que o mestre nos ofrecía.
Entón, era amigo do bosque
E das súas criaturas,
Entendía o canto dos paxaros
E o que eran aqueles días.
Si, fun eu, ese neno,
Un simple e claro meniño
Que non sabía da morte
Cando a súa nai morria.
¡Este meniño son eu!