
Composición
José Pedro Costigliolo
No eido de Cambra
Hai un remanso escondido,
Onde a miña madriña,
Deulle pousada ,
A este probe peregrino.
Tombado naquela eira,
Baixo a sombra da “Camelia”
Foi nacendo de lonxe
Unha idea, un pensamento
Para re emprender a viaxe
Que me trouxo ata Vigo,
Nunha tardiña de frío
Apurando os pasos fortes,
Onde estaba o meu destino.