Poemas

Aquel Fornelos da fame

 Bodegón con granadas y manzanas, cajas de dulces y otros recipientes  Meléndez, Luis Egidio


Bodegón con granadas y manzanas, cajas de dulces y otros recipientes
Meléndez, Luis Egidio

Para a xente de hoxe en día,
Non é fácil imaxinar,
A vida do aldeán
Neste Fornelos,sen par,
Do que non puido estudar,
Loitando polo destino,
Só aprendeu a traballar.
Mirando sempre o camiño,
En cada saída solar,
Coa compaña do can,
Fidel sempre o seu amo,
Comendo un chisco de pan
Con un chisco de touciño
É un vasiño de viño.
Para andar ese camiño.
Era un luxo, todo elo
Para a xente de Fornelos,
Que viviu sempre na aldea;
Alí o que mais é o que menos,
Mataba o ano un porquiño
Que gardaban pro inverno,
Cos xamóns e os chourizos.
Naqueles anos de fame,
O que mais me molestaba
É chamarlles ignorantes
A aquela xente humilde,
Que eran tan importantes,
Como a escola e os libros.
Lémbrome daquela xente,
Daquela xente da aldea,
Que miraba pasar os fillos,
De algún que outro señorito
Sen valorar os principios
Da humanidade desta xente,
Deste meu Fornelos bendito.
¡Aquelas xentes de Fornelos!
Que preguntaba a diario
¿Que comería o estudante,
Sen o esforzo constante
Desta e outra aldea,
Non traballaran a terra
Para dar de comer a xente?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.