Poemas

A miña querida nai

Una madre con sus hijos  Jiménez Fernández, Federico

Una madre con sus hijos
Jiménez Fernández, Federico

A ela: María Flora Costas Carballido

Eu tiven unha boa nai,
Eu tiven unha nai santa,
A que me arroupaba soia,
E lavaba a miña manta.

A que cos ollos cansos,
Mirou sempre por min,
Mentres as súas mans
Cosían roupas desfeitas.

Aquela que me ensinou a rezar,
Aquelas oracións de neno,
E me axudou a andar
Evitando os meus medos.

Eu tiven unha boa nai,
Eu tiven unha nai santa
Con ¡Cantos desasosegos!
Ata que un día morreu.

E hoxe, lembro con pena,
A labor da miña madriña,
O feito de coidarme
E recibir disciplina.

Porque no fondo da alma,
Lémbroa arrefriada
No eido do Casco
Coa súa faciana.

Eu tiven unha nai boa,
Eu tiven unha nai santa
Que una mañá do marzal
A levou Deus pro “Mais Alá”.

Hoxe,como sempre busco,
E pregunto sempre por ti,
A quen de ti ninguén sabe.
Pronto estarei contigo.
(No mais Alá desta vida).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.