
Paisaje
Brueghel el Viejo, Jan,Momper II, Joost de
Vin así e non sei como
Sen chamar a porta.
A dor tomoume nos seus brazos
E levoume ata o eido.
Onde soio pasala tarde,
Escapando da tristeza.
Nos días de vacacións,
co rostro de meniño que tiña,
Xoguei entre os dous mares,
Cando o fútbol, era fútbol.
Agora xa vello
As cousas xa cambiaron,
Atrás quedou o meniño
Que contemplara a morte
Por sorte,
A vida o fixo madurar,
Pero non creades
Que din cos dentes no chan
Como fan moitos de vostedes,
E así fun camiñando
Flirteando pola vida dura,
Tratando de non caer
E terminar en pe no camiño.
Hoxe vello:
Teño unha débeda contigo,
Non me queiras de amigo,
Que saín un mal poeta
Soportando un disfrace
Que sempre levo comigo.