Aprendín a escribir poemas, que amo; Aprendín a amar os poemas que escribo. Poemas que nacen da vida E dan vida os meus poemas. Escribo, para a idade que teño: Orgulloso do que fago. Poemas que nacen da alma; A crítica me importa un rábano. Eu desexo ser poeta, Escribo en conciencia, Coas alegrías e … Seguir lendo
Monthly Archives: Febreiro 2020
Non me preguntes ¿Quén son?
Non me preguntes ¿Quén son? Nin onde fun nado, Os sonos que fun querendo Creceron ¡Creceron tanto! Deixarei de vivir, pero irei Buscando, buscando, buscando, As rosas que ¡Nacen tanto! E que todos esperamos. Non me preguntes a idade, Pois teño a idade de tantos, Ser mais vello que a idade Aínda que o corpo … Seguir lendo
¡Non foi ela, non!
Non foi; non foi a Lúa, Tampouco a deusa meiga, Non foron as melancólicas lendas, Sereas, como as augas Do río Tea, O seu paso por Fornelos, Por Fornelos da Ribeira. Foi ela, unha pedra A que fixo voar a lavandeira, Cheiña de bágoas ela, Bicando as areiñas da terra. Eu vivía na sombra, naquela … Seguir lendo
Vou cantando por Fornelos
Eu canto polos camiños, Escoito a miña xente, Que canta mellor que eu. Hai un asunto na terra, Mais importante que Deus: “Que ren escupa sangue Para que outro viva mellor” ¿Que Deus vela polos homes? Tal vez si, tal vez non, Pero e seguro que xante Na mesa daquel ladrón. Seguir lendo
Piden, piden . . .
Os políticos piden votos, Os rapaces piden pan. . . Os políticos gastan millóns Na propaganda diaria, Para promocionalas “promesas” Que logo non “cumplirán”. A pobreza ¿Se atreverá a soñar, Sen idade para votar A ese político perfumado, Elegante na televisión, Mentres os nenos descalzos, morren pola desnutrición? Seguir lendo
Escribe, Manuel, Escribe
Escribe, Manuel, escribe, Que xa tes o cabelo branco, O ollos moi alicaidos, Cubrindo a cachola, Cos cabelos da esquerda Do pouco que xa te quedan. Eu fun nado na aldea, De Fornelos da Ribeira, No rueiro de O Casco, E non me enfado por elo, Que son de Fornelos: ¡E tanto!. . . Seguir lendo
¡¡Ai miña nai!!
Ti, que me comprendías, Que me enchías a faciana con cariño, Que coidabas da miña vida, Como cando era meniño, Quero que me digas Si é posible soñar: Nunha terra de miseria E pasar fame no fogar. Porque me encontro camiñando Por esta terra querida Con mendigos pedindo caridade. E nos no fogar ¿Que hai? … Seguir lendo
¡¡Ai Fornelos da Ribeira!!
E un plácido verxel, un recanto, entre moitos que na nosa terra hai. Se descubre en Fornelos da Ribeira. A modiño. Aldea fermosa para aquel que a ela vai, Aldeiña descuberta Co río Tea, Rodeada de herba en flor, Onde os xílgaros amosan o seu contento, E onde o merliño asubía con primor. A carballeira … Seguir lendo