Poemas

¡¡Ai Fornelos da Ribeira!!

Interior de la cocina de una posada del pueblo de Maqueda  Pizarro y Librado, Cecilio

Interior de la cocina de una posada del pueblo de Maqueda
Pizarro y Librado, Cecilio

E un plácido verxel, un recanto,
entre moitos que na nosa terra hai.
Se descubre en Fornelos da Ribeira.
A modiño.
Aldea fermosa para aquel que a ela vai,
Aldeiña descuberta
Co río Tea,
Rodeada de herba en flor,
Onde os xílgaros amosan o seu contento,
E onde o merliño asubía con primor.
A carballeira de As Fraguiñas,
Sempre acoden os rapaces
E a xentiña maior,
A batuxarse no verán
Cando fai xa moito Sol.
E no medio, cal proba verdadeira
Do que en tempos pasados isto foi.
Vese ergueito o Cruceiro,
E xunto a el, os raios de Sol,
A súa beira a igrexa e piñeiros,
Carballos e o noguerol;
Ringleiras de fermosas carballeiras
E no río Tea árbores salgueirans.
Segundo contaban os vellos,
Polos canles eu sei da tradición.
Din que fora Fornelos
Un concello,
Da mais nobre estimación.
E si coido que isto e verba,
Que en argallo mofandome de ti,
Saltareiche so a verdade so,
Tal e como se conta por ti.

Aló nos tempos antigos
Que a miña mente contempla,
Con toda admiración,
Cando me ven a idea
Correndo a século XXI,
Atópome erguido no pobo
Cos seus soutos, fragas e val,
Onde dan boa harmonía,
A chegada do verán,
Os paxaros cos seus cantos
Pousados na carballeiras
Que se ergue nas Fraguiñas.

Esta aldea está chea de encanto,
Para os verdadeiros poetas,
Que viviron cos nosos antepasados,
Señores con moita grandeza,
Sen sequera o necesario.
Para seren felices na terra.
E aínda que non tiñan fogaza,
Nin menos grandes riquezas,
Ían vivindo nos eidos,
Sen coñecer a pobreza.

Traballaron con cariño,
Os eidos, as hortas e veigas
Dos que eran donos os pobres,
Sen cobizar outras rendas,
Como aqueles que se atopan
Satisfeitos da pobreza
Sen ambición e sen xenreiras.

Unha mañá de San Xoán,
Cando as árbores e os campos
Locen de flores cubertas,
E a alma o Sol alumea,
O ser as once do día,
Chega pasiña preguiceira,
Chega a Fornelos, unha velliña,
Sen poder tomar alento,
Desas que piden as portas,
Envolta a cabeza con lenzo,
Co coiro todo enrrugado,
Coa morriña no peito,
Co semblante esfameado
O ollar que daba medo,
Dixo, chamando a porta:

¿Quen vive aquí?

E responde:
– Unha coitadiña velliña
Que anda buscando susento …

– ¡Deus a ampare!

Que por hoxe, nada que darlle teño.

¡Polo amor de Deus!
Que xa veño de moi lonxe,
Non cheguei a ningures
Para a miña fame remedio.

¡Vai con Deus! Xa llo dixen:
Non me tire polo xenio,
Que estou de verdade moi mala
E anoxarme non quero.

E, logo ¿Algunha cousiña,
Non terá para min de xeito?
¡Carallo! Seica me atenta;
¿Ou non ten coñecemento?
¿Isto é canto pode ocorrerlle?

Eu que na miña vida levo,
Gañando farta de fame
e de suores inmensos
O pan con que ei de manterme
¿Está ben que agora mesmo
O de agora a vostede
Quedándome eu sen sustento?

Miña vella: Xa o dixen:
Fuxa do portal correndo.

¡Vaia Virxe das Dores
E tódolos santos do Ceo!
¡Que xente tan deslinguada
Vive dentro de Fornelos!
¿Con que esquecer un momento
Esta fame que traidora
Me roe o corpo por dentro?
– Pídalle os ricos poderosos,
E non os pobres labregos,
Que andan de noite e de día
Traballando para mantelos.

¡Pola Virxe das Dores,
Que me estou morrendo!

Pois morrer a ninguén importa.

O final, todos morremos.
Eses son os ditos que os pobres,
Coma vostede aprenderon,
Para manterse a nosa conta
E andar de pequeniños
Afeitos a esa grandullería
Sen traballar os eidos.

– ¿Como quere que traballe
Si xa non podo facelo?

– ¿Seica tes ganas de leria?

– Non dou mais,
Que non o teño.

– Deus o axude, señor cura,
Dixo, atopando o crego.

– Benvida sexa vostede

¿E por onde vai tan correndo?
Vou pedindo unha esmola.
¡Ai, vai pedindo unha esmola!
¡Ai, vai pedindo, pois bueno. . .

– ¿E non me daría un euriño?

– Non velliña, que non levo.

¡Polas ánimas benditas,
Señor que morro de feito!

Tres mulleres sen folgo
Aínda quedan coidadosas
Coas pobriñas e orfas,
Tiñan ceibados no corpo
Sentimentos cobizosos,
– Boas tarde teñan vostedes. . .
Boas e santas tardes –

¿Que nos quere voa amiga?

Veño con moito desconsolo
Buscando unha esmoliña.
E ¿Entón neste Fornelos non houbo
Unha persoa que atendera
sen doese dos seus rogos?

– Non señora, non. Dende as once
Que cheguei sufrindo moito,
Non atopei por-desgraza-
Nin sequera unha triste moza ou mozo.

¡Valía o demo! Miña xoia.

– Agarde entón, un pouquiño,
E darémoslle unha rosca
Para que faga ben de corpo,
Que neste mundo de bágoas,
De suspiros e desconsolos,
E mala cousa, abofé,
Que sexamos tan burlonas e tan cativas
Coa pobriña pesarosa.

E mentres que quedaban
Ríndose deste conto,
A pobriña camiñaba
Coa cor mesma dos mortos.

– ¡Que xente mais malvada!
Non ollan a fame no peito pousada
da moita dor…

Era costume na aldea
Dicir as cheas de todo en resume:

¡Que Deus la ampare!

E sempre cruzando sen tino.

E sempre cruzando sen tino
Camiñaba para irse achegando
O Final mais cruel

– ¡Que vida mais famenta pasamos os pobres!
Cubertos de trapos dos pes o cogote,
Pedindo decote broa, os farrapos
a humidade.
Tal é a vida,
Servindo de escravos
Xuntando os centavos
Que a xente poderosa
Por compaixón da.

As portas dos ricos están os cadelos
Gardando os couselos da pedra
Que está no portal,
E ver a un pobre sumarse na entrada
Coa roupa esgazada,
Xa se fai no camiño
Fuxir do curral.

Quizás, decote, triste e doída
Fillos so de almas augurriadas,
Tal vez no mesmo corazón nadas,
Tal vez en triste hora enxendadras
Tal vez dos beizo con dor saídas,
Tal vez do cruceiro
de bágoas mensaxeiras,
Tal vez queixas tristeiras,
Os que na vida sen cesar levamos
A sede negra de topala gloria,
nos da que sexamos camiñantes;
Os que vedes con xúbilo e ilusión,
Sombra de paz, que todos cobizades
Pola fulxente luz da nosa historia.

Os que pechades no fundo do abismo
O desprezo a nosa aldea nai,
Os que sentides algo que en segredo
Vos roe o corazón;
Os que con infinito amor,
Anhelades afán inquedo,
Levaredes o desdén do mundo
Pero do corazón continuamente
escrito.
Poderá ser que vos mesmos sospeitedes
A orixe deses vosos padeceres.

Así como a tormenta enfurecida
Deixa so nos campos e na aldea
A tristura, decote, espallida,
así tamén as dores mais crueis
Se ceban na vella dorida,
Deixando na alma amargos feles,
E o corazón cubríndolles de cousas
Sufrir fixéronlle odiosas loitas.

Hoxe a nosa aldea esperta,
O Ceo coroando centelleante,
Eses feitizos de quen a ve cuberta;
O río Tea, a fermosea
E o Sol, sae garrido
E rebulideiro,
Sempre correndo,
Os cánticos poéticos ceibando
Para consolo dos escosolados
Ser felices no presente e no futuro.

Si de paso vindes a Fornelos ,
Achegádevos a modiño
a Carballeria de As Fraguiñas
A calquera das romarias: ¡Benvidos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.