Poemas

A escola pública de Lourido

Joaquín Sorolla, El Bautizo

Con moitos charcos no camiño
Do Casco, ata a escola de Lourido,
Ía eu cos meus zapatos
Pisando aquelas pedriñas
De barro, sempre a modiño,
Ollando aquel paxaro inocente,
Aquela lavandeira voando
Aleteando con brío.

¡Hoxe fai un frío, que pela!
¡Carallo! Que si fai frío,
Para a boca dun mociño.

A voz parte da entrada,
Chega dende o camiño.
¿A onde vas Mañoliño?
Vou pra Escola de Lourido.

E, no Camiño Real,
Que asi se chama o sitio,
Nos xuntamos cal rabaño.

As voces ían aumentando,
O silencio faise estraño,
No portal da escoliña
a bandeira se ía izando,
Entre gritos e pelexas
A hora vaise achegando.

¡Se non fora polo momento
Que pasamos alí fora,
Que aburrido sería
Ir cada día a escola!

Todos en fila andando,
O mestre xa foi chegando
De reollo nos miramos.

Tan so coa súa presencia,
Este noso grande mestre,
Infundía tenrura e respecto:
Como botón de mostra: este.

E xa dentro, todos xuntos,
A rezar o Padre Nuestro.
Logo nos chama por roldas
E hai que responder rapidiño.

Os castigados o fondo,
De xeonllos o recanto.

De nada valen escusas,
E menos pedir perdón.

A táboa do un o nove,
Cantados e sen erro algún,
O catecismo aprendido
Como en tempos anteriores
E si por calquera bobada
Se enfadaba o mestre,
A regra contra as mans
Non tiña mellor resposta.

E na hora do recreo,
en fila para tomalo leite
Envío dos americanos.
En po e ¡Tan noxenta!
Que nin a tomaba a raposa.

Logo, formados en fila
Cantando o “cara o sol”
Por obra daquel goberno,
Sen saber nin o que é:
“todos cantando de pe”.

¡Que longo se fai o día,
Na escola do meu Lourido!
E cando te chama a “fronte”
De nervios case morrías.

Deixando que isto acabe,
Un día mais dos estudos,
Por si me pegara o mestre:
¡Que lle pegue os seus fillos!
Non lles pega que non tivo.

¡Por fin! Xa chega a hora,
A clase finiquitou,
Alegría volve o corpo,
E no que resta do día,
Ir a xogar As Fraguiñas,
A policías e ladróns,
Ou o escondinte, era pouco.

E cando o verán chega,
E as anduriñas voan,
Fornelos e mais bonito
Porque non volvo a escola.

Don Xosé, vai para Meder.
Xa non nos volve a “pegar”,
E si merecemos castigo
Nos lo imporá mañá.
¡Con toda seguridade!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.