En farrapos envolto: ¡Cruz do destino! Encontrei unha vella No camiño. Nenos coidando as ovellas E cans vixiando o gando. O mozo na guerra está Combatendo contra seu irmán Sen honores, sen cruces foi enterrado Dun balazo, morreu Pepiño, . . . ¡Pobre soldado! Seguir lendo
Monthly Archives: Maio 2020
Os fillastros (1.940)
Xunto a Cruz de pedra No adro de San Xoán de Fornelos Tres meniños sentados nunha pedra Falaban das súas nais: Das nais boas E do pai malo, Que nos pega mais que as avoas. Quero que non me oian o que falo: “Onte, mandáronme A taberna do Xurreiras A por viño. . .” E … Seguir lendo
¡Onde vive deus?
No Estado Vaticano, Apostólico e Romano, Pechado na opulencia, Si queres compartir Algo da súa opulencia Terás que demostrar ¡Cal e a túa sentencia! Demostrada¡ claro está! Para toda a Cristiandade. ¡Ai Señor, Señor, Señor! Si queres compartir Parte das túas riquezas, Desfaite desas grandezas Proxectando a esencia da luz En tódalas partes do mundo … Seguir lendo
Aí vai o meu irmán
Aí vai o meu irmán Esquecido, Camiñando coas ovellas, arrastrando a cruz en alto, Una crus que lle impuxeron Os gobernantes goldreiros. Aí vai o meu irmán Ensanguentado, Feito un cristo, esquecido, Cravado xa está na cruz; sen saber por que inmolado. Eu o miro, meu pai vento Que te alongas da tormenta: Eu aquí … Seguir lendo
Amigos de Fornelos da Ribeira
Defendamos como grupo, Compacto e ordenado Sen cuestionala nosa vida Sendo borregos guiados. Non usemos o corazóns No que todo e mentira. Non pensemos no común Nin na posibilidade de salvarnos; Non sexamos soñadores Pensando no mal feito Porque a caída e peor: Sabede o que se di: Son os amos deste mundo, Dono dos … Seguir lendo
Para quen ti sabes. . .
E un grande macho, marca España, Adaíl da política dubidosa E de clase escorregadizo, Lle sobran verbas e verbas, E tamén algunhas notas. Se viste de tipo fino Que inmola pezoña, As verbas no ambiente voan E nel, lle sobran. Se nota. Seguir lendo
Remollando a memoria
Remollando a memoria Con auga do río Tea, Unha mañanciña de inverno Vin o mundo un 17 de Xaneiro, As doce do mediodía, En Fornelos da Ribeira. Seguir lendo
Fuxir, fuxindo . . .
Fuxín da forma e da idea Escapando co pensamento, Como si dun enxame de verbas Me estivera perseguindo, Ata caer na trampa Que é o que ten o silencio, Trabado con cinco sentidos Como si fora un preso. Así foi a miña vida, Ata a idade que teño. Seguir lendo