Poemas

Escribe meu amigo, escribe . . .

Sibila  Velázquez, Diego Rodríguez de Silva y

Sibila
Velázquez, Diego Rodríguez de Silva y


Que son de Fornelos,
De Fornelos da Ribeira,
Con carné de identidade,
Con muller e fillos,
Esperando o ano 2.020
¿Te incomodarás por iso?
Escribe:
Fun nado no eido de Cambra,
No rueiro de O Casco.
Traballei, non como eu quixera,
Tampouco arrinquei rochas e pedras;
Non mendiguei o pan.
¿Un pouco mais? O que ti queiras.
Non esnafrei en ningunha parte,
Nin na porta da igrexa
¿Te incomodarás por iso?
Escribe:
Son de Salvaterra do Miño,
Provincia de Pontevedra,
Esperando con paciencia,
Aprender ben o camiño.
As miñas raíces se fundiron,
Antes do meu nacemento;
Antes da usanza dos eidos
Das olivas e viñedos.
Antes da existencia das herbas
E tamén dos lameiros.

Meu pai non era da familia do arado,
Tampouco de nobreza fidalga,
Meu bisavó licenciado
Mostrando orgulloso o Sol.
¿Te incomodarás por iso? Escribe:
Son de onde son,
Hoxe con cabelo branco,
Ollos azuis,
E para mais detalles:
Levo perilla,
Que e miña
Que pincha ao tocala.
Gústame o viño da casa,
Que bebín na miña aldea,
Con vieiros e rueiros,
Todos da caneira do tempo.
¿Te incomodarás por isto?
Escribe:
Son de Fornelos da Ribeira
E non me tomes o pelo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.