Poemas

Estamos no século XXI

Vuelo de brujas  Goya y Lucientes, Francisco de

Vuelo de brujas
Goya y Lucientes, Francisco de


Polo cálculo aproximado,
Venus será mais vello,
Júpite estará nubrado,
Marte, sen pernas e brazos
E o Apolo escarallado.
Mercurio con dúas muletas
E con dous mil alicerces,
Con o resto da caterva.
Dúas galegas rollizas,
Sobornarán esta terra;
Porque a falta de homes
Subiran o trono as femias.
Presidirán este século,
Os deuses Vedoira e Urco (1)
Que estaban arrincoados
De cando chegara a “decencia”,
Das mans dos saltons
E planetas aloucados.
E si durme unha delas,
A outra estará esperta.
Entón, teremos xustiza:
Tras a cárcere o garrote,
Tras a pena a guillotina;
Tras a forca o cemiterio.
Das togas non digo ren,
Cesando as controversias,
pois viviremos como irmás
E non co xenro e a xenreira.
As cárceres serán xardíns,
Todas cheas de silveiras.
Os xulgados en talleres
E o Congreso en Academia.
Será un mundo en familia,
Sen distinción e carreiras,
Envexado o cidadá
Da Francia como da América,
Do goberno e policía,
Pasaportes e fronteiras;
Dos verdugos e alguacís.
¿ Falaran moito os vellos,
Como agora dos fantasmas
E da visión dos puñetas?

1). Vedoira,deusa galega, esvelta e agradable no trato, con facultades adiviñas, experta en contactar co Alén (Mais Alá), para dicir si os falecidos están gozando eternamente do Ceo, ou si aínda penan no Purgatorio. Urco, ou o can de Urco, e un animal fantástico que soe adoptar a forma dun can enorme, branco e negro, con cornos e orellas grandes, ameazador da morte. Introducido no noso eido no Entroido do Carnaval aló polo 1.876 capaz der tragarse 20 sacos de patacóns coa mesma facilidade que o burro do Manuel de Concha tragaba a cebada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.