Poemas

Conto a historia . . .

Velas secándose después de la lluvia. Chioggia Nicot, François

Velas secándose después de la lluvia. Chioggia
Nicot, François


Conto a historia dun tempo,
Como os nenos de Fornelos
Ían descalzos a escola
Por aqueles rueiros de inverno.
Como algunhas veces comían
O que lles daba a xente;
Dándose dente con dente
Polo frío que facía
Ante ese deus impertinente.

¡Cubrilos pes soamente!

Dicían con arrebato:
¡Tan so un par de zapatos!
Para eles suficiente.

E coma quen se eterniza,
Entre a noite e o día,
Incrédulos amañecían.

Os meniños volven de presa
Onde pisaran con empeño:
Cos zapatos e “pomada”.
A escena tatuada
Daquel es fráxiles corazóns,
Mirando con emoción
A imaxe cambiada.
Correron como escintilas,
Tras daquela fermosa muller
Que coa cor da rosa vermella
Lles cambiaran os pes.
Sentiron o cheiro a grosella:
Querían dicirlle ¡adeus!
E preguntarlle:
Si era a nai daquel Deus,
Que alí estaba presente
No cruceiro do Casco:
¡Tal vez!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.