Bendito sexas Fornelos da Ribeira. Cando me encontro no camiño, collendo as flores dos toxos Sen mancarme coas espiñas. Bendito sexa o eido de Cambra, No rueiro do Casco, Coas parras de uvas cheas Que a miña madriña tiña. Bendita sexa a xente, os amigos, Que camiñaron con migo. Bendita sexa a carballeira das Fraguiñas … Seguir lendo
Monthly Archives: Setembro 2020
O tempo
O tempo vaite borrando Ata tapar os ollos, Deixando de velas estrelas E o lapidario logo, Que todo arderá co fogo. Pasaras lanzando reflexos de pedra, Unha e outra enganchadas, seladas polos ollos Logo de ser atormentadas. O Ceo quedará na memoria, Os sonos, mortos e aureolas Das noites, quedarán nos rostros Da eterna primavera. … Seguir lendo
Fornelos Da Ribeira
Miña aldea, Miña terra, Miña xente, Meu desterro, A miña morte. ¡A miña vida de sempre! Seguir lendo
Deume por escribir poemas. . .
Para escapar da prosa; Dos que viñeron e se foron, Dos que nunca se foron . . . Das cousas mais dolorosas, Dos que me fixeron chorar, Escribo estas miñas cousas. Seguir lendo
Lembrando o meu Fornelos
Lémbrome daqueles tempos Perdidos naquel eido de Cambra, En Fornelos da Ribeira, Hoxe non son recoñecidos. Lémbrome daqueles tempos Que non sabíamos ren, E o intuíamos todo. Descubrimos cousas novas: As cores da tv. ¡Novidade! Os centros do CEIP do Ensino, En forma de froita estraña, Que foi alumeando os sonos Da nova xente estudada. … Seguir lendo
1.942
Estábamos xuntos os dous O pe do Cruceiro do Casco, Onde se esconde a Escola E as ferramentas do campo. Había libros para ensinarte Que parecían flotar no ar: Unha vez que os soltabas Soaba a música celestial. Seguir lendo
A miña aldea de Fornelos da Ribeira
Con mais dun milleiro de anos enriba, Comparándote con outras, Está a miña aldea querida Aprendendo a camiñar, Con u pe sobre as veigas E o outro no fogar Esquecendo algunhas cousas ¿Delas? ¡Para que os vou falar! Miña aldea de Fornelos Rodeada estás de veigas, Que conforman os mil anos. Viñas, eidos e hortas … Seguir lendo
A os inimigos dos traballadores
Bendito sexa o traballo, Aínda que sexa a destallo; Maldito sexa o ladrón Que sabe roubarlle os cartos. Bendito sexa o xornaleiro Do que duro traballa, Para levar o pan a casa; Maldito o pan que comen Os que limpamente asaltan. Bendita sexa a man sucia Do traballo limpo; e Malditas as mans limpas Do … Seguir lendo
¡¡Vaia, vaia!!
Fornelos quedou sen Anxos, O Demo andaba solto, Impune polos rueiros Burlándose polos insultos: Maruxa, Manolo e Candelas, E agora o Anxo. Logo ¿Quen mais? ¿Cantos deles morreremos? Cando a Lei vela por lucre E a xustiza pide actuar, Perde valor a vida, e o futuro Concelle a liberdade. Congresistas, senadores e xuíces Milleiros de … Seguir lendo