
El estanque de los mirlos
Gustavo Bacarisas
Con mais dun milleiro de anos enriba,
Comparándote con outras,
Está a miña aldea querida
Aprendendo a camiñar,
Con u pe sobre as veigas
E o outro no fogar
Esquecendo algunhas cousas
¿Delas? ¡Para que os vou falar!
Miña aldea de Fornelos
Rodeada estás de veigas,
Que conforman os mil anos.
Viñas, eidos e hortas
Para chegar coas vacas
Polos camiños andados.
Así é a miña aldea
Cousas menos, cousas mais,
¡Con tantos anos de idade,
Aprendendo a camiñar!
Concello fuches algún tempo, e
Polas costumes da xente,
Non saíches da ignorancia
E grazas a túas entrañas,
Se comeu mellor e quente.
Dende hoxe en adiante
Miña aldea de Fornelos,
Toda a xente,
Quere cousas diferentes.
Pode ser que en poucos anos
Se che vaia outorgando
O que a ti che pertence.
Así e a miña aldea
Cousas menos cousas mais
Con mais dun milleiro enriba,
Aprendendo a camiñar.
¡Así e a miña aldea!
Cousas menos, cousas mais
Con mais dun milleiro enriba
Aprendendo a camiñar:
Así e a miña aldea,
Non sei si chegará acolá.