Poemas

Lembrando o meu Fornelos

 Paisaje de Cornellá      Rafael Barradas (Rafael Pérez Giménez)


Paisaje de Cornellá
Rafael Barradas (Rafael Pérez Giménez)


Lémbrome daqueles tempos
Perdidos naquel eido de Cambra,
En Fornelos da Ribeira,
Hoxe non son recoñecidos.
Lémbrome daqueles tempos
Que non sabíamos ren,
E o intuíamos todo.
Descubrimos cousas novas:
As cores da tv. ¡Novidade!
Os centros do CEIP do Ensino,
En forma de froita estraña,
Que foi alumeando os sonos
Da nova xente estudada.
Lémbrome dos nosos rueiros,
De cando chuvia e mollaba,
Nas noites de invernía,
Dos gatos cando miañaban,
E de cando España ía de loito
Chorando: ¡Franco ha morto!
De España, non queda nada.
Lémbrome das ilusións perdidas,
E de amores, no espertar da vida,
Dos sonos enterrados,
E daquelas andoriñas
Emigrantes dun pasado
Que xamais volverán.
Lémbrome dese tempo que se foi,
E do entrar do novo século;
Lémbrome do tempo perdido,
Que como vellas fotos perdidas
Dun pasado que se foi,
Aquí se quedan prendidas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.