Vin da nada, Vivín a vida, Percorrín camiños E terras descoñecidas, Buscando novo destino. Mais dunha vez mirei o Ceo, O azul celeste tecido, De escuros nubarróns; Chorando polos deprimidos. Pasei momentos tristes na vida, Tamén romarías divertidas. Quixen ser coidador Do eido da familia Cambra, En Fornelos da Ribeira, Ata ser devorado polas herbas … Seguir lendo
Monthly Archives: Outubro 2020
Vida
Todo fora nada, A pesar de que fora todo; Logo nada, logo todo. Souben despois non ser nada: Nada, en todo momento. Seguir lendo
Poeta de nada
Feito da nada, so dun alento. Nada son, nada me sento; Quizais un roce co vento, A nada me neguei ¡Así o sento! Paixón ou virtude perseguida Ata hoxe envellecida, Sombras do meu pensamento. Sen nada vin, nada perdín, E si nada son, na intentei, e Nada intento; Sen outro epitafio que o esquecemento E … Seguir lendo
Como era o viño da miña madriña
Era un viño compañeiro de carnes e peixes, dos mariscos e dos queixos; Viño tinto de caíño, pedral e espadeiro, Brancellao en proporcións, Con misteriosa discordancia, Premiando os padais Con sensitivas variacións, Que namoran tradicións ancestrais Ascendendo dende a humilde lareira Ata a Casa Pepe, restaurante. Era un viño venerado Facendo choutar a lingua Daqueles … Seguir lendo
Si chegara a. . .
Si morro, algunha vez, ¡Seguro que morrerei! Non quero ir o cemiterio Que é ridícula a imaxe da morte, Apresada nun féretro. Si chegara a morrer, Non me votedes na fogueira, Respectade o meu corpo, E posto que e de auga, Non ofendades o fogo. Si ei de morrer algún día, Levádeme espido, como vin … Seguir lendo
Cando volva a Fornelos
Cando volva o meu Fornelos, Verei renacer as flores, Naquel fermoso eido, Coa capela Santa Rosa E o viñedo esplendoroso, Ou quizais, Cando volva o meu Fornelos, Xa non atoparei aquel verde, A madriña, Nin a súa cálida sorte. Seguir lendo
Agosto
Era agosto, mes de lendas, Tumbado boca arriba, Me deixaba mexer, Naquel Fornelos da Ribeira Coa sombra, brisa e meu querer. Seguir lendo
1.945
¡Carallo! Tabaco negro Poemas que non entendo, Sombras polo verán, Gaiola no tempo, rapaz, escuridade, traizóns e bicos. De volta da ribeira do Tea, A mirada da madriña, A mesa na eira pois tiña ¿Que será mañá? Sombra invitada, sen enterro, Gritos da luz da Lúa: Sombra pisando o morto. Casa, eido, terra e ceo, … Seguir lendo
Os nosos emigrantes
Soedade, ceo e vento, O mar Atlántico os separou. Vigo os viu partir E Arxentina os abrazou, Da terra que non tiñan. Deste lonxe lugar Deixando nas súas lembranzas O que alí puideron encontrar. Cos anos foron crecendo Na Arxentina, terra nova, Xunto a fillos,pais e netos Lembrando os seus devanceiros. Si a vida os … Seguir lendo