Bombas de crema, Canóns de doces, Vixilantes nos comercios, Bolas de frades E suspiros de monxas. Seguir lendo
Monthly Archives: Decembro 2020
Cruceiro de pedra
Revivido Na angustiada Cruz Fecundando a dor na pedra; Brisa dos emigrantes Desta Fraguiñas eterna. Terra de xente silenciosa E de nubarróns, sen descaro, Cegueiras de árbores Sen horta; Chave en chanto ¡Non importa! Todo e vida E vontade no alto. Terra de tristura na pedra E misterio do meu chanto. Seguir lendo
¡Noiteboa, Noiteboa!
Lémbrate daqueles fogares, Pobres, cheos de frío. ¡Daqueles mortos de fame! ¿Que lle pedirás as estrelas Para esta noite infame? Seguir lendo
Lembrando . . .
Aquel lavadoiro e fonte No Rabelo de Tortoreos, Sentado nunha pedra, Doído o peito estaba Pola perda da miña nai falecida. Tan guapa e tan nova, Tan doce cal a rula Tivo que baixar a cova. Xa non fun mais polo rueiro Na busca das doces moras, Nin as castañas do castañal Que había entón … Seguir lendo
¡Funme, Funme!
Funme da terra de Fornelos Para outras terras estrañas, Levando con migo as penas E aflita a miña alma. Funme para lonxe Deixando o son das campás E sen durmir solaz a alma, Mentres ti seguías erguida ¡Igrexa da miña alma! Dando lle as campás de sempre A miña alma roubada. ¡Fume, e Funme! Para … Seguir lendo
A fiestra estaba aberta
Cando azoutaba o vento, E na fiestra se asañaba; Cando todo borra o tempo Aberta sempre quedaba. Cando pechaba as portas, Ou se tapiaba a entrada, Aberta sempre quedaba. E cando morreron os valores, E asfixiada estaba a esperanza; Cando a sorte se cebaba, Sempre a humilde fiestra, Aberta sempre estaba, Para ver o horizonte, … Seguir lendo
Regalo da miña alma
Moi mal estaba aquel home, Moi malo estaba na cama. Mandaron vir varios doutores Do mellorciño de España. E, un miroulle o pulso, Outro a testa mollada E dándolle moita pena, Todos dixeron : “Non ten nada” Pero: ¿Que di o doutor Que todos me miran e calan? O que lle digo, bo home: “Dispoña … Seguir lendo
¡Ai, Fornelos, Fornelos!
¡Ai Fornelos, Fornelos! E que foi ¿De Forneliños, Tanta beleza escondida, Tan parladoiro Que a xente toda admira? Seguir lendo
A carballeira das Fraguiñas
En días de romarías, sombras verdes, Da terra que xermina, Neste centro das Fraguiñas. Aquí todos saben de amor, De sonos e da vida, De cheiros da fermosa carballeira, A carballeira das Fraguiñas. Seguir lendo
Eu fun nado en. . .
E fun nado en Fornelos da Ribeira, Do cal estou orgulloso. Me ensinaron a ver a vida De diferente cor. Terra na que nacín e crecín, Vindo florecer a primavera. Gocei en cada verán Das noites, e o atardecer, Sentín frío no meu ser, Na eira, e percibín das árbores A flor caer. Agradecido estou … Seguir lendo
Poema
Poema, man baleira Poema, man enloitada Polo furor da nada, Tesouro do mediodía. Poema, eido sombrío, lonxe daquela pisada, Poema da man bacía. Poema que xa está fora, Poema que e quimera E a vez a voz de deus E as veces a voz da nada. Poema e estar calado Escoitando a miña vida. Seguir lendo