
Arrangez vous
Esteban Francés
Moi mal estaba aquel home,
Moi malo estaba na cama.
Mandaron vir varios doutores
Do mellorciño de España.
E, un miroulle o pulso,
Outro a testa mollada
E dándolle moita pena,
Todos dixeron : “Non ten nada”
Pero: ¿Que di o doutor
Que todos me miran e calan?
O que lle digo, bo home:
“Dispoña ben da súa alma”.
Tres horas lle quedan de vida,
Hora e media xa pasada,
Hora e media so lle queda
Para dispor da súa alma.
Ben escoitaba o crego
Que na fiestra estaba:
¿Que che pasa meu fillo,
Que che pasa nesa cama?
Que quere que me pase:
“Son cousas que Deus manda”.
O único que le encargo
Para miña dona Maruxiña,
De todo o que lle deixo,
Non lle quite nada,
Menos o anel d e ouro
Que lle din de namorada.
¿De onde ves,
Meu regalo da alma?
Veño da igrexa de oír a misa,
De rogar a Deus pola túa alma,
Para que te saque da cama.
E ¿Me sacará, meu ben,
Regalo da miña alma?
Si, o luns pola mañá.
E o crego na porta dicindo:
¡Veña, veña, que saia, saia!
Te encontrarás aburrida;
Ou tal ves desesperada,
Coas fiestras tristes,
E as portas todas pechadas.
Non teñas pena, meu rei
Regalo da miña alma
Que quedo ben resgardada
Morrerei a media noite,
Irei nunha caixa de pino
Envolto nunha saba.
E aquí se acaba a historia
¡Aquí se acaba!
Cos dous regalos da alma
Que para o Ceo se acompañan.