
Sin título
Juana Francés
Cando azoutaba o vento,
E na fiestra se asañaba;
Cando todo borra o tempo
Aberta sempre quedaba.
Cando pechaba as portas,
Ou se tapiaba a entrada,
Aberta sempre quedaba.
E cando morreron os valores,
E asfixiada estaba a esperanza;
Cando a sorte se cebaba,
Sempre a humilde fiestra,
Aberta sempre estaba,
Para ver o horizonte,
O sentir nacer o alba,
Para contemplala vida:
A fiestra aberta estaba.