Con sixilo a ruta descubrín E na gavia da estrada Deixei sonos e quimeras, Para chegar o meu destino: Fornelos da Ribeira. A roda do día rodando, Seguiu sempre o vieiro Ata chegar o meu eido Borrado hai moito tempo. Fun mirando agora ancián, Coa fatiga, respiro lento, Coa mirada perdida, Escondida, cabelo branco, Recitando … Seguir lendo
Monthly Archives: Abril 2021
¡Ai Xesús, Xesús!
Nesta miña terra de necios Con motivos recorrentes, Houbo xente moi lista Para enganar os mais débiles. Porque e terra de piratas Esfumados nos “euros”, Con xentes de folla aberta, Que renega dos seus xenes E se sente sempre tesa. Personaxes rebuscados Para un sainete teatral Na carballeira das Fraguiñas, A miña terra natal. Seguir lendo
De volta a Fornelos
Co paso do tempo, Dende o adro da Igrexa Mirando o fondo do Tea, O eido de Cambra, Alí estaba respirando As brisas do vento, Murmurando cancións Das Fraguiñas, daquel tempo. Descubrín o meu eido, Finquei en terra os xeonllos, Elevei a vista o Ceo, En gratitude fervente Porque despois de tantos anos Lembrei as … Seguir lendo
Lerias e mais lerias
Lémbrome de cando meniño Co vento bicándome As orellas pequenas de neno, Cando pasaba o señor Manuel Canso co peso dos anos, Tolleito do reuma, Decote sufrindo A calor do Sol, E canso, sentouse Na tenda de Ron, Alí no meu eido. O señor Manuel Dos ollos nubrados, Cravados na terra, Fuxíndolle as bágoas, Lembrando … Seguir lendo
Xunto o cruceiro das Fraguiñas
Estaban alí sentados Uns cantos rapaciños, Persinándose con misterio E falando os cativiños Cando viron subir para a Igrexa O Abade don Francisco Fandiño Que con moita sorna lles di: ¡Que Deus mire por vos, meus filliños! Seguir lendo
Lembrando tempos de neno
Saíra un día polos vieiros De Fornelos da Ribeira, Mirei para a xente, cansos, Famélicos e sen alento. Vin as mulleres descalzas Cargando leña pro eido, E os meniños xogando, Coma sempre farrapentos. Recollín na miña mente A esta xente no meu pobo, Que viven sen fortuna, Os metín no corazón, Estraños no meu cerebro, … Seguir lendo
Cando me vou a Fornelos
Cando me vou pra Fornelos Me deteño no camiño, E cando chego A Cruz, Me lembro daqueles anos, Naquel tempo pregoando A suave e pracenteira Da nosa realidade; Imaxe moi deformada Dunha aldea presumida Coa xente enlouquecida, Pensando naqueles intres Que para que Fornelos creza As xentes deberan recoller O bo e malo mesturados, E … Seguir lendo
¡Ai Señor, Señor…!
¡Ai Señor! Que xa non teño fe E non sei cando a perdín. Non quero ser irreverente, Pero quero sentir a verdade Do traballo e do amor. ¡Señor! Xa non teño fe, Nin tampouco esperanza, Cando me vin na desgracia Da miseria e da dor; Cando se padece a fame, Cando falta xa o amor. … Seguir lendo
Se din que dizan . . .
Se di que os grandes ladróns Viven no pais do diñeiro; E o UN e DOUS entraron, E dende logo encontraron Como medrar o diñeiro. O UN fixo colleita, Pois ceros foi arrimando Con amizade discreta; Dándolle sempre a dereita. E o valor aumentando. Ambos tiñan: “Un orgullo malicioso”. E o galego, coa táctica do … Seguir lendo