Poemas

A levo sempre na memoria

Mirlo Arthur G. Dove

Mirlo
Arthur G. Dove

Levo na memoria a acacia, coas súas follas,
Diante da capela Santa Rosa,
Pola sombra do lugar.

Te estás marchando, compañeiro
Da nosa vida,
Esplendoroso xa non estás.

Cantas horas pasei a túa sombra,
As túas ramas tapando a capela,
Aquelas vibracións quedaron xa atrás.

O tesouro o levou o por vir.

Moitas veces, a miña fronte enaltecida,
Tostada nos veráns, polos raios do sol,
Coa mirada e co pensamentos,
Busquei a túa frescura.

Lémbrome daquelas ondas risoñas,
Que en torno a ti, repetía;
Aquela sonora e tendida
Alegria, cal manto os meus pes

Evoco hoxe, aquelas tardes
Cargadas de cantos e amor,
E daqueles vagos sonos,
Durmía a miña alma,
Espertando a mañá,
Escoitando os paxaros e as
Bolboretas baixo as parras
Dos viñedos no eido de Cambra.

¡Momentos de esperanza!
¡Chispa da miña xuventude!

Aquí fora onde a vida prometida
Alumeara os meus ollos a luz.

Hoxe o árbore está envellecido;
Te pido de xeonllo,
Que o día en que non sirvas,
Deixes a porta aberta,
Para darche o meu adeus;

Que nunca negues a sombra,
Neste rueiro do Casco,
Que poidas co meu poema,
Vivir a vida en paz.

¡Ai! Cando morra o teu cantar,
e sexa so un momento,
Na cortiza do teu tronco,
Xa ferido,
Algunha man amiga,
Que o meu nome grave xa.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.