¡Fuches ti, meu pai! ¡Eu sei que fuches ti! De haber sido nado, Na terra dos antepasados De robustas pedras E con viñedo o fondo. Eu sei Que era o fogar de Cambra, Dos meus avós maternos. ¡Fuches ti, meu pai! E logo a miña madriña A que me ensinou a vivir, De ir a … Seguir lendo
Monthly Archives: Setembro 2021
A loita pola vida
Presinto que non fun o mellor Do que puiden haber sido, Pero tamén e certo Haber coñecido a outros Con maior oportunismo. Todos sen excepción: Prometedores e atractivos. Non fun o mellor Pero aguantei a vivir E o demais foron sonos, Derrotados e aburridos, Que se foron perdendo Un tras outro, no camiño. Seguir lendo
Hai quen pode manterse . . .
Hai quen pode manterse, Con emprego e sen el; Moitos son asalariados E outros tantos non conseguen Un traballo,e sobre viven Coas migallas e ultraxados; Pero peses a tantas diferencias Que nos feren e denigran ¡Deberá prevalecer sempre unida, A nosa clase obreira! Seguir lendo
A árbore da capela Santa Rosa
En verdade, hoxe te digo Que me das compaixón O verte así, amigo: “Se te ve o corazón”. Teu corpo non agarda mais E penetra ata o fondo a mirada, Cando descende o sol O iluminarte; Te atravesa como un puñal De parte a parte. E a través das ramas preguizosas Filtra tódalas noites as … Seguir lendo
O grilo da horta
Lémbrome de cando neno, Da música clara e diáfana Daquel grilo namorado, Que no meu corazón sincero, Me espertaba cada mañá. Eu me preguntaba: ¿E este o azul celeste? ¿E este o regalo da vida, Ou é a condición do grilo Escoitalo cada día? ¡Que ben soaban as ras en Cantará! Pero non eran elas … Seguir lendo
Sentei os meus poemas
Sentei os meus poemas Nas miñas pernas E os acariciei como A unha muller amada, Paseille a man Por riba e as soñadas Follas abracei O meu peito, Mirando docemente O latir do corazón Entristecido por dentro. Seguir lendo
A nosa linguaxe
A nosa lingua, Doce e belida, Fermosa e tenra, Audaz e doída, Soñada e necesaria, Sempre ferida, Cómplice eterna, Clandestina e solidaria; A sempre namorada, Xubilosa e famenta, Alucinada da pedra: Inocente e exaltada: ¡¡Nosa lingua, soñada!! Seguir lendo
Oración o ceo
Meu “Señor” que Estás no Ceo, Louvado sexa o teu nome; Déixame entrar no teu territorio. Amándonos a vontade, Tanto de día Como nas noites. Dáme un bico e acaríciame, Abrazándonos tódolos días, Perdoando esquecementos, Como tamén nos perdoamos Os que nos esquecen. Déixanos caer na Tentación do teu corpo E líbranos da morte. Amén. Seguir lendo
Eu fun . . .
En economía marxista, En ideoloxía socialista, En relixión agnóstico: Adorador de García Lorca, E da arte, laxeirán, E da historia, un darwiniano: Materialista no amor, Tertulián nos cafés, E fumando en pipa un pintor. ¿Que mais podería ser? Seguir lendo