Si me deran a escoller, Eu escollería sempre o “saber”. Hoxe estamos todos enfermos Sen saber o que facer. Si me deran a escoller, Escollería a “inocencia”, De tódolos meniños, Coa súa “sapiencia”. Si me deran a escoller, Escollería o “amor”, Mais que o odio e a opulencia Que se comen a “esperanza”. Deste último … Seguir lendo
Monthly Archives: Novembro 2021
Quixen ser poeta
Quixen ser poeta ¡Que barbaridade! Perdera o sur por ir o norte. Tiven muller e fillos, Vindo moitas postas de Sol, Con moitas dores de cabeza, E finos anoiteceres. ¡Como para perder a cabeza! Seguir lendo
Romance do vieiro
Unha noite na carballeira das Fraguiñas, Cando se acendía a noite, No Ceo, brillaban as estrellas Coa Lúa, moi exacta, Daban luz a carballeira E se esfumaba a estrada: Viñedos de verde prata, Todos adormecidos Facían o eido de Cambra Un recuncho de en sono Baixo o cantar dos grilos. Seguir lendo
Se di . . .
Que para todo hai que ter sorte: Eu creo ser afortunado, Conto con unha familia, Que me ama e son amado, De ser, e sentir a vida, cos poemas que eu fago; Expresións da alma e arte, de amar e ser amado; Poemas que eu escribo Sempre estarán adornados. Seguir lendo
Sobre os oficios
Para ser un bo mendigo Hai que coñecer o oficio; Saber cal é a causa Do infortunio descrito E resgardarse do frío. Recoñecer ser vulgar, Vestir trapos vellos no sitio; Ver na mirada do outro O espello das miserias; Incluso para o amor Hai que coñecer o oficio: “Cal pode ser a esencia Do infortunio”, … Seguir lendo
¿Cantos paxaros?
Xorda a miña vida, E a dor dos osos roto, Preguntaba cada día: ¿Porque había pouca luz? ¿Porque tan pouca sangue? Si me piden un canto de paxaros, Un Arco da Vella en verbas, Nas ausencias, nas cruces e vereas, Anestesiado da dor, Escondo entre as páxinas, Levantando o corpo desvalido Grito: “Xorda a vida … Seguir lendo
De patas arriba coa vida
Seica teño que morrer: Pouco me falta; Morrerei como un pobre mortal Habendo pasado por esta vida Sen rompela nin manchala. Non invadín vicio algún, Pero gocei desas virtudes: Arrendei a miña alma A hipocrisía; Trafiquei canto puiden Coas verbas, Con xestos i en silencio. Cedín ¿Cantas veces? A mentira; Pensando na “esperanza”, Ata que … Seguir lendo
E ¿Ti quen es?
Eu son o último xesto. A verba que ninguén usa, As sombras da Carballeira De Fornelos da Ribeira. A gaiola das formigas, E as sombras dos viñedos. E ¿Ti quen es? A vida que viu a verme. Seguir lendo
Para cando me toque . . .
Voume lixeiro de roupa, A Santiago de Compostela, Para a facultade de Menciña Por si algo de min se aproveita. Voume e deixarei de mirar Cos ollos de espectador As marabillas de Vigo, As lembranzas de Fornelos E o rueiro do meu lugar. Voume co mesmo pracer De amar e ser amado. Así é a … Seguir lendo