Eu falo da miña aldea, (Fornelos da Ribeira), Que co Sol segue durmindo En paz, na lareira, Levando a vida e a historia, Coas doce e gratas lembranzas De todo o que fixeron, Durmindo somnolento. Fornelos estaba só E seguía sempre crecendo, Pensando sempre no nome, Envelenado a xeito. Amargos foron os días, Vivindo a … Seguir lendo
Monthly Archives: Decembro 2021
A mensaxe dos. . .
O caldo está remexido, para que non se pase fame; Estamos de auga ata o pescozo, Para que non pasemos sede. Estamos xogando con fogo Para que non pasemos frío. Os políticos están con nós. Seguir lendo
O meu adeus a Fornelos da Ribeira
¡Adeus, meu Fornelos da Ribeira Carballeira das Fraguiñas, Rio Tea, cruceiro do Casco, Terra de alegre invernía! ¡Adeus miña Terra querida! ¡Adeus meu eido do Casco! ¡Adeus viñedos da familia, Non sei porque os quero tanto! Adeus, miña terra de Fornelos, Envolta en doce alegría De cando era meniño E cheo de tanta ledicia. Adeus, … Seguir lendo
Fun un buscador. . .
Fun, son e serei un buscador da verdade, Sobre Deus, sobre os homes e o destino, Busquei, busco e buscarei o humano e o divino: De Deus, a Humanidade. Ansío desvelar a opacidade Do ocaso do home moribundo, Xa no oasis do seu eterno sino. Todo amañecer e diafanidade Detrás do mortal só, Durmido na … Seguir lendo
A miña nai
(Tantos anos despois) Nas tebras estivo a miña vida. O camiño que me alumeaba, O ollar que me ensinaba a respirar, Este respirar cheo de maldades Que da a vida. . . . O sol, acariciaba o meu corazón ferido, Ferido de tanta inxustiza, Que o mundo nos regala. Os meus sonos convertidos En tristes … Seguir lendo
Sobre Fornelos da Ribeira
Sobre a aldea de Fornelos da Ribeira, Sobre os campos e viñedos, a terra, Sobre as Aceñas do rio Tea, Escribín o nome: “Fornelos da Ribeira”. Sobre as néboas das noites, Sobre os suores e tormentas Sobre a chuvia insípida, Escribín o nome: “Fornelos da Ribeira” Sobre as estrelas escintilantes, Sobre as campás da Igrexa, … Seguir lendo
Todo pasa . . .
Todo pasa, guerras, miserias, revolucionarios, glorias e morte: Heroicos poetas. Todo pasa: Tradicións, Romarías, festas e ideas, Datas, xantares e gaita, Todo pasa, o pobo queda. E non hai outra maneira. Seguir lendo
Cando morre un poeta. . .
(Ao amigo Celso Emilio Ferreiro) Cada vez que morre un poeta As verbas sangran do dor, Se agrupan asustados Orfas e orfos chorando; Xogando a esconderse, Esperando a outro poeta a darlle forma as cores, Aromas e sen sabores, Abrazándonos todos O berro: ¡Celso Emilio! Xa non estás, xa te fuches. Seguir lendo
Painoso que estás no ceo. . .
Painoso, que din, estás no Ceo, Baixa o Planeta Terra, Que estou perdendo os rezos, Da miña pobre madriña, Que agora xa está nos Ceos. Painoso,que din, estás no Ceo, Baixa o Planeta Terra, Que hai xente morrendo de fame E que non ven remedio; Baixa un pouco e contempla A xente co estómago baleiro, … Seguir lendo