O vento bicaba o eido De Cambra, enfurecido, A xeada da noite Cortaba as orellas, Eu miraba no rueiro do Casco Os poucos anos que tiña. Toleaba de frío Baixo un morno sol, Canso senteime Na Tenda de Ron, Ollando a capela E o vello Cruceiro Cos ollos nubrados E cravados na terra: Fuxíronme as … Seguir lendo
Monthly Archives: Febreiro 2022
Adeus ano 2.019
Ano de tristes lembranzas, Sobre todo para os parados; Ano de enorme prexuízos, Ano de “desaloxados” sen conto, Que tantas familias quedaron Deixando sentir a peseta. Ano de bancarrotas apostas, E ridículas sorpresas; De xestións moi diplomáticas E de políticas de dereitas. Ano de loucos políticos E de pensamentos patéticos, De problemas en todo o … Seguir lendo
Marchar. . .
Marchou risoño, Logo de cantar: E tal fora o sono Que non tivo empeño En espertar. Seguir lendo
Pouco vale a vida
A vida moi pouco vale Ou case que nada, Nesta nosa terra De ditadura e democracia, No verán e no inverno, Coa morte agachada, Con aviso e sen aviso, Se encarga de truncala; Pero, salvo da morte natural, Que a todos sempre espera, Cabe a morte burlona Que nos fai ver a todos Que a … Seguir lendo
Nada e “Patria”
Nada e “patria”, Nin si queira o é o tempo, Cargado de crueldades Que limitan a aurora e o ocaso, Dos rostros que van envellecendo Nos espellos que se nubran Durante a alba E o frío no inverno. A “patria”, meus amigos: E un acto perpetuo Como perpetuo e o mundo. Nada e “patria”, Pero … Seguir lendo
No eido de Cambra
No morno rumor dos piñeiros Chegaban os queixumes dos pinos, E a Lúa rubindo o Ceo, Vagaba, sempre a modiño, Polo monte San Nomedio, O vello de branca barba, E unha meniña ben feita Lavaba o pes descalciña Na charca da Loña, Co cabelo debullado, Feixe de funcho na man E a fouce na outra … Seguir lendo
Lembrando o 1.939
Cando a aurora espertaba. O Sol xa ía avanzando Cruzando con os seus raios Os vidros da miña ventá, Vía a miña madriña Que con cariño me abrazaba, Pousando os seus beizos, Beizos de cada mañá; O seu peito exhaba un suspiro, E os meus ollos unha bágoa, Cando abandonaba o eido Porque a escola … Seguir lendo
O escándalo das letras
O reloxo da Igrexa, De Fornelos da Ribeira, Daba a hora: “Xa era hora” E non era a hora; “Agora e hora”. Xa e hora de acabar coa hora; Agora non e hora. E hora, e non agora, Se comeu “agora”: Xa era hora. (Plaxiado de Octavio Paz). Seguir lendo