Unha “escultura” nunha habitación Simples elementos de materia e tempo Ensamblarán unha imaxe Que se parece a ti. Esta e túa imaxe Punta de nariz, lóbulo de orella, oso da mandíbula Na garganta están atordados as verbas Que ningunha boca pronunciou Roupas cosidas o arredor dun corpo, unha carteira Con documentos de identidade Quen queira … Seguir lendo
Monthly Archives: Novembro 2022
Anda!
Fai cartos honradamente Si non podes . . . fai diñeiro. Iso e o que os ricos predican Francamente; Os critican E condenan Dende Adán ata o mundo enteiro. Seguir lendo
Na carballeira das Fraguiñas (1.942)
O Carrameixo tocaba a gaita E facía soar o roncón. ¡Cantas veces toca ledo E lle chora o corazón! Corríalle a auga polos ollos, Dicía a xente o miralo: “Toca a gaita Carrameixo” Parece ter o meigallo. ¡Escoitade rapaciños! Vinde a gaita escoitar; E os rapaces foron ledos A oír a gaita tocar. Toca triste … Seguir lendo
Da musa popular
Inda agora aquí cheguei Mais cedo non puiden vir; Mais veño a tempo bastante Para as túas verbas oír. Si me tiveras cariño Habíasme de buscar Como a auga busca o rego E o rego busca o mar. O abade está magoado Que lle incharon os collóns; Agora saberá o abade De que mal morren … Seguir lendo
Panxoliña
A Virxe está lavando, San Xosé está no currelo Os paxaros se achegaron E lle levaron o “plumeiro”. Pero mira como sisan E volven a roubar Os nosos “peixes gordos” Coa oportunidade. Rouban e collen, E volven a sisar Que xa é costume neles Como deporte nacional. (Non é meu). Seguir lendo
O meu tío Rogelio Estévez Cambra
O vento bicaba a noite Cortándolle as orellas, Tremando de frío Sentado no Cruceiro do Casco Lembrando a vida, Camiño da nada ¡Todo era un sono! Pero levantando a testa Mirou pro Ceo Pensou na esperanza Loitando coa sorte Para a Arxentina partiu. ¡Que poucos comprenden Marcharse da terra! Xogando co vento. En Bahía Blanca … Seguir lendo
De cando é. . .?
A Terra e de todos, Non debe haber mais que produtores: “Se acabaron os señores”. Todos terán que empuñar O arado e martelo ¿Ai, si? Non quedará ningún pillo ¿Ai non? “Que viva sen traballar”. ¡¡Si, señor!! Seguir lendo
A morte faloume. . .
A morte vira a verme E me dixo con moita sorna: ¿A que si te pincho, te fodes? E deixoume de molestar. – Aínda non é a túa hora; Hoxe non é o teu día. – Seguirás sufrindo Manuel, Seguirás chorando, A dor te consumirá E a vida odiarás, Aínda que non é así. – … Seguir lendo
1.932: Ano do meu nacemento
Ecos da noite Asubíos do vento, E murmurios da Lúa. Fun nado Para dicirlle o que pasaba. Mirei para ela E sorrín o momento A dozura da vida. Seguir lendo