Poemas

Os dez mandamentos

La diosa Cibeles ofreciendo a la Tierra sus productos Maella, Mariano Salvador

La diosa Cibeles ofreciendo a la Tierra sus productos
Maella, Mariano Salvador

Amar a Deus, o primeiro,
Sobre todo o Creado.
– A ver ti, afortunado
Regálame ese diñeiro
Que logo gastarei
Para ofendelo en vano.

O segundo, non xurar
O nome de Deus en vano.
-Mais ven despois do xantar.

O terceiro, para as romarías
Que as mozas abran as pernas
E que se deixen foder.
Os vellos para cama
E as mulleres o palleiro.

O Catro, honrar pai e nai.
Os fillos lle pertencen,
Pero os que están nos seus trece
Sen que o can lles ladre
So fan o que lles cadre:
“Van a romaría o domingo”
E queren ir en “putingo”.
– ¡Filla se non temos pan. . .!
-Xa mo merca Xoán;
-Tamén o ten fulaniño
Que o mete no forniño.
E logo. . .trampalatrán!

O quinto e non matar
E non falar de valor.
¡Deus no libre de insultar!

O Sexto, non fornicar
¡Alto aí!
Que si me facedes caso
Suspendo o caso;
¡E preciso respectar!.

O sétimo non roubar
¿Nesta terra de ladróns?
-Non quixera molestar
E coller cousas de valor
¡¡Non roubar!!

O octavo, non mentir.
Xa o dixo Campoamor
Que sabía mais e mellor
Que neste mundo traidor,
Nada e verdade e mentira
Porque todo e da cor
Do cristal con que se mira.

O noveno, non desexar
A muller do próximo.
Pero !Carallo! Que mañá.
¿De quen e o que temos?

E o décimo, non cobizar.
Durmir entre pallas,
Recoller as migallas
E quedarse sen cear.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.