Poemas

Para o cancioneiro segredo galego

Juego sugoroku Anónimo

Juego sugoroku
Anónimo

Un frade meteuse a monxa
Por cambiar de relixión;
As monxas pariron todas
Pero o frade, si que non.

O día que nacera Rosa
Oiralle dicir a súa nai:
“E o mesmo retrato
Que o amigo de seu pai”.

Os galegos de Galicia
Cando se van a casar,
Levan a barriga chea
De patacas por pelar.

Na fogueira de San Xoán
Vai dicindo por aí,
Roubaran unha casada;
O que a leva:
¡Carallo! Non levo nada.

Ábreme a porta Maruxa
Se non entro pola fiestra
Que tes un neno empezado
E lle faltan as orellas.
O abade está malo,
Moi malo está na cama
E a media noite
Chama pola criada.
¿Que quere señor abade
Que tanto me chama?
– Quero chocolate
Señor abade: Non hai auga.
Colle o cántaro
E vai pronto a buscala.
– O pozo está profundo
a corda non alcanza
Teño eu unha goma
Que alcanza unha vara.
E no fundo do pozo
Lle picará unha ra;
Picadura boa,
Picadura mala,
Os catro meses
A criada engordaba.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.