Hoxe véxome en sonos, No rueiro do Casco, Camiño a escola, E onde din os primeiros pasos. Engado con nostalxia O abrilo novo día, Aquela terra de Fornelos para gritar con alegría: ¡Viva Fornelos! A miña terra querida. Seguir lendo
O servizo da cousa
Os estamentos públicos, non funcionan, Os políticos falan sen saber o que din, Os votantes, votamos aos que eles elixen, Os informadores, des informan, A Ensinanza, ensina a ignorar, Os Xuíces, condenan as vítimas, Os militares, buscan as guerras, Os policías descansan dos crimes, A Bancarrota dos bancos se socializan E as ganancias se privatizan; … Seguir lendo
Pobreza
A pobreza cabalga polo mundo Disfrazada de esperanza, De promesas non cumpridas. Pobreza: Enfermidade Dos que perderon o nome, O rostro e a voz; Indocumentados da morte. Da tristeza dos meniños, E a moeda dos políticos, E lamento da humanidade. Filla da corrupción, E das prácticas políticas; Sede das grandes riquezas E do pobo que … Seguir lendo
As uvas do noso eido
¡Que doces eran as uvas! ¡Que albariñas tan claras! Elas me miraban, miraban, Eu as miraba, miraba. E logo, as comía grao a grao, E de pronto se inclinaban, O tornarlles un beizo, De húmido zume e risa: Un bico fermoso e longo Que xa chegan a miña tripa. Seguir lendo
Logo existo
Logo existo neste mundo Fronte a vostedes; Co tempo indomable Falando como sempre, Das noites de silencio. Eu son o da almofada esquecida, E vin a unha nova vida, En viaxe de “terceira”, A Fornelos da Ribeira Con algunha comitiva. E naveguei en clamores Da familia entenrecida. ¿Que queredes mais que diga? Seguir lendo
Sentir Fornelos
Sentir Fornelos da Ribeira, E sentir o fogo ardente Da terriña; E fluír polas arterias O horizonte da miseria Coa sinceridade vivida. Falar do si e do non, Disposto a pelexar,sen resgar, Ser ético na vida. Buscar reclamos na xente Sen perder a compostura; Unir sempre, Desterrar o que aliena, Coa cívica firmeza, Loitando pola … Seguir lendo
Latexada poética
Teño unha latexada poética Perdida no tempo: Un reclamo nas pedras De infinda sabedoría, Na miña aldea de Fornelos. Alguén descompuxo a sementeira Onde nace a verdade durmida E creceu na verdade Socialmente ferida. ¡Hai tantas formas de fuxir! Obxecto de inútiles pisadas, De intrépidos periplos Que agardando o seu amparo Xemeron no mais alá … Seguir lendo
Nada de nada (Ren de ren)
Vin da nada, Vivín a vida, Percorrín camiños E terras descoñecidas, Buscando novo destino. Mais dunha vez mirei o Ceo, O azul celeste tecido, De escuros nubarróns; Chorando polos deprimidos. Pasei momentos tristes na vida, Tamén romarías divertidas. Quixen ser coidador Do eido da familia Cambra, En Fornelos da Ribeira, Ata ser devorado polas herbas … Seguir lendo
Vida
Todo fora nada, A pesar de que fora todo; Logo nada, logo todo. Souben despois non ser nada: Nada, en todo momento. Seguir lendo
Poeta de nada
Feito da nada, so dun alento. Nada son, nada me sento; Quizais un roce co vento, A nada me neguei ¡Así o sento! Paixón ou virtude perseguida Ata hoxe envellecida, Sombras do meu pensamento. Sen nada vin, nada perdín, E si nada son, na intentei, e Nada intento; Sen outro epitafio que o esquecemento E … Seguir lendo
Como era o viño da miña madriña
Era un viño compañeiro de carnes e peixes, dos mariscos e dos queixos; Viño tinto de caíño, pedral e espadeiro, Brancellao en proporcións, Con misteriosa discordancia, Premiando os padais Con sensitivas variacións, Que namoran tradicións ancestrais Ascendendo dende a humilde lareira Ata a Casa Pepe, restaurante. Era un viño venerado Facendo choutar a lingua Daqueles … Seguir lendo
Si chegara a. . .
Si morro, algunha vez, ¡Seguro que morrerei! Non quero ir o cemiterio Que é ridícula a imaxe da morte, Apresada nun féretro. Si chegara a morrer, Non me votedes na fogueira, Respectade o meu corpo, E posto que e de auga, Non ofendades o fogo. Si ei de morrer algún día, Levádeme espido, como vin … Seguir lendo