Séntate nese cruceiro Onde te poida admirar Ameigando os sentidos Con este cheiro do ar, Embriagado de pracer, E polos rueiros camiñar, Mostrando sempre a beleza Deste Fornelos sen par. As Fraguiñas en festa, Logo ven o carnaval, Co seu único traxe: ¡Que non veña o temporal! Dáme a man, e miremos A carballeira sen … Seguir lendo
Tag Archives: aldea
De volta a aldea
Dende o adro da Igrexa, Mirando o fondo do val, As casiñas da miña aldea, Son como as pombas que aniñan Nos leitos de madreselva, respirando as brisas Co ar do río Tea. Puxen o xeonllo na terra, Elevei a fronte Con pensamento sentido De gratitude e xúbilo, Polo que os meus ollos viren: Estaba … Seguir lendo
A ledicia na aldea
O cantar dos paxaros, A alegría das árbores, A choiva ¡Os meses de invernía! Os sonos, a alegría Cando te toca xogar, Son notas do corazón, Todas elas, escondidas Cando canta o corazón, Saltas sempre En harmonía, Lembrando aquelas xentes, Que te chegan o corazón. Sorrisos, corazón, amor, Sentimentos dun neno Que leva no corazón … Seguir lendo
Sentimento
¡Que bonita é a miña aldea, Fornelos da Ribeira! O esquecer me persigue, Non o podo remediar, Lembranzas dos sentimentos ¡Quen os puidera celebrar! Quixera que fora un sono, E perderme o espertar, No eido de Cambra, digo, Un día, Para alcanzar o que digo, Voando a eternidade Que agora faise escura, E non quero … Seguir lendo
Que distinta…
Que distinta é a miña aldea, Cando chove… Os vieiros son mais escuros, É o chan vólvese grave. As pedras se volven grises, Esquivas é misteriosas, As gotas da chuvia bailan É tinteiran moi chouposas. Na esquina de O Casco, Baixo un paraugas prestado, Entrei no eido de Cambra ¡Non vexas ti! Co cu, mollado. Seguir lendo
Mensaxe do ano 1940
A que vas para a cidade, Rapaz; Si aquí está a túa xente, E non é tan miserable o eido Como para que escapes. ¡Detente! Aquí mal que ben comes, O traballo non é pesado; ¡É polo teu ben! Aquí tes o que queres, ¿Para que vas a cidade, Si alí sobran mans pra traballar? … Seguir lendo
Aqueles anos corenta
As xentes da miña aldea, De Fornelos da Ribeira, So vían: O suco e a fame marabunda, A miseria que asustaba E traballo non había. O lamento triste, O chanto amargo, A vida en letargo, E o grito longo. As xentes so sentían A desesperación O coraxe inusitado, Baleiro o estómago, O dereito contido, E … Seguir lendo
Non entendo que…
Non entendo o que pasa, Non o entendo, sinxelamente, Triste estou, pero é así O que está a ocorrer coa xente… Por iso, se despide Este que viste e calza, Percorrendo Fornelos, O son da gaita é ¡quente! Seguir lendo