Si morro, algunha vez, ¡Seguro que morrerei! Non quero ir o cemiterio Que é ridícula a imaxe da morte, Apresada nun féretro. Si chegara a morrer, Non me votedes na fogueira, Respectade o meu corpo, E posto que e de auga, Non ofendades o fogo. Si ei de morrer algún día, Levádeme espido, como vin … Seguir lendo
Tag Archives: morte
Planeta terra
¡Encanto do cosmos! Os homes con tanta presa Te están deixando de merda, Onde a man do home Marca a súa avaricia, nas sombras da noite, Sen canto, cando amañece Para alumear Este planeta soñado. Como soñamos sempre, Grito forte ¡Basta xa! ¿Deixarase, algunha vez De facerse tantas tropelías? ¡É tanta a insensibilidade! Que de … Seguir lendo
Chegou a hora…
Chegou a hora de deixalo, Estou moi agradecido, Tanto os amigos de Fornelos Como os inimigos perdidos; Para todos ¡Ata logo amigos! Eu, probe de min, Se non souben granxearme A simpatía de todos, ¡Salve Deus, a ser felices! Quero despedirme do mundo Coa alegría de sempre; Grazas, sempre, moitas grazas, Recoñezo as miñas bágoas, … Seguir lendo
É, porque non…
Eu tamén choro e chorei Polos que son enganados,rin é asasinan; Por aqueles que odian e morden, Nas Maxistraturas, nas fábricas, O obreiro, o empregado o mecanógrafo, O humilde campesiño, o bulicioso. Souben das miñas primeiras bágoas Na morte da miña nai ¡Pobriña!, Souben da miña irmá Pepiña, E fun sorteando a morte No silencio … Seguir lendo
A morte do poeta
Juan Bautista Andrade de Vigo. Xa El Pueblo Gallego, lle dedicara unha crítica eloxiosa aos seus poemas e que Almofada Esquecida recolle: “Nos altos capiteles Dos arcos do claustro, Fan florecer a tarde Unha guirnalda de paxaros. No medio do claustro, a fonte, Corazón de auga, cantando. . . I escoitando os arraiáns En silencio … Seguir lendo
O planeta cheira a morte
O Planeta cheira a morte, Aínda hoxe cheira a morte, Coas balas e metralladoras, Coa carne secuestrada, Torturada é mutilada. O Planeta cheira a sangue, A dor,a xente abandonada, Facéndonos cómplices egoístas. O noso Planeta cheira a morte, Dos revisionistas, Das ameazas, Do terror… As mortes de moitas fosas. Mortes,chamando gobernos, Apatía, cartos e mentiras; … Seguir lendo
¡Canta xente se nos morre!
¡Canta xente se nos morre o ano! Todos teñen nai próxima E o lado, A tristeza muda, Da dor das xentes mortas. Seguir lendo
Alguén morre tódolos días
Alguén morre: Nos xornais o anuncio, Familiares o uso, Compañeiro E amigos, E debaixo O memorando Do contido. Alguén morre a diario E ninguén bota de menos As babas na almofada, É sabanas tres veces lavadas. E seguirán Para amenizalo día. . . Alguén more cada día, O sol non respecta os mortos, As noticias … Seguir lendo
Lembrando o paso final
Lémbrome da acacia co vaivén, O paso do tempo. A capela Santa Rosa De felices momentos. Vieiros tristes e rotos, Onde mirei cos meus ollos, ¡Tantos desfeitos!. Aldea onde aprendín A dar meus primeiros pasos, A estampar a miña primeira letra, A derramar o meu primeiro pranto. Aquí no eido de Cambra, Alimentaron as miñas … Seguir lendo